DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

ARQUIVOS MUNICIPAIS

O Servicio Técnico do Patrimonio Documental desenvolve actuacións de información e asistencia técnica permanente ós concellos da provincia en materia de patrimonio documental coa triple finalidade de asegurar e favorece-la conservación desta notable parte do noso patrimonio cultural; estimular e permitir o axeitado aproveitamento do mesmo tanto por parte das entidades locais no seu funcionamento cotián, como por parte dos cidadáns e investigadores en particular cando fora do seu interese; difundir a información sobre este patrimonio.

Na procura destes obxectivos véñense desenvolvendo de forma estable dende o ano 1981 un conxunto de actuacións que permiten dispor hoxe en día duns fondos documentais organizados e conservados de forma axeitada, con suficientes instrumentos de descrición para o seu uso, en moitos casos xa en soporte informático e na práctica totalidade dos casos en soporte tradicional.

Nos últimos anos os principais procesos desenvoltos polo Servicio Técnico do Patrimonio Documental xiran basicamente en torno ás seguintes pautas:

*mellora dos locais e instalacións de arquivos, mediante asesoramento, informe de necesidades, control de traslados...

*asistencia permanente e reincorporacións documentais na procura dunha actuación normalizada e continua sobre o patrimonio que se segue a producir por parte das entidades locais, fomentando a dotación de persoal propio para os arquivos. Así mesmo nos últimos anos desenvólvese unha necesaria e importante labor de formación do persoal municipal no mundo da arquivística, dun xeito especialmente.

*adecuacións dos procesos técnicos á proposta elaborada a nivel nacional para a organización dos arquivos municipais, nunha teima de normalización e racionalización destes traballos e dos seus resultados, adaptando un novo cadro de clasificación - ata entón específico para a provincia de Pontevedra - e profundizando na descrición e instalación a nivel de expediente.

*informatización dos instrumentos de descrición elaborados en cada arquivo municipal sen prexuízo da súa instalación paralela en soporte tradicional ( impreso ou en ficha).

*difusión do patrimonio documental mediante a publicación da colección “Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra”, a difusión da información na páxina web da Deputación ou esta Guía do Patrimonio documental.



Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/