DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Fondo Sanidade Exterior de Vigo



[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Folla de visita ó vapor alemán Bahrenfeld, 1920
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.AHPPO.36038
1.2. Título Lazareto de San Simón
1.3. Datas 1803-1934
1.4. Nivel de descrición Fondo
1.5. Volume e soporte 243 caixas en soporte papel


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Sanidade Exterior
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

Pola Real Orde do 6 de xuño de 1839 concédese a construción dun Lazareto sucio nas Illas de San Simón. As obras encargáronselle ó enxeñeiro Alejo Andrade Eáñez e leváronse a cabo grazas ó industrial afincado en Vigo Norberto Velázquez Moreno. Na illa de San Simón construíronse o porto, o hospital de convalecencia, a casa de administración e apartamentos para o alcaide, médico, cirurxián, capelán, e a capela na illa de San Antón realizouse o peirao, o tingado, o hospital sucio e o cemiterio. Ambas illas quedaban comunicadas por unha ponte. As obras remataron en maio de 1842, aprobándose a súa apertura, por Real orde, o 1 de xuño e comezando a funcionar o 15 de agosto.

No ano 1854, unha vez que queda satisfeito dos seus investimentos e gastos o contratista Norberto Velázquez, pasou a mans do Estado, permanecendo en funcionamento ata o 23 de maio de 1927. A partir deste ano Sanidade marítima pasaría a depender da “Xunta de Sanidade Exterior” do Porto de Vigo.

2.3. Historia arquivística

Pola acta de sesión do 27 de abril de 1977, a Delegación de Facenda de Vigo transfírelle ó Arquivo a documentación do Lazareto depositada na aduana de Vigo.

O 27 de xaneiro de 1982 recíbese a documentación do Lazareto de San Simón existente na illa.

2.4. Forma de ingreso Transferencia


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido Expedientes de buques; rexistros de buques; rexistros de saídas do persoal; misais.
3.2. Valoración, selección e eliminación Conservación permanente
3.3. Novos ingresos Fondo pechado
3.4. Organización Sanidade Exterior/ Lazareto de San Simón:
- Rexistros de barcos 1854-1913
- Expedientes de barcos 1920-1934
- Misais da capela 1803-1934
- Rexistro de ordes 1851-1874


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Libre, agás que se atopen en mal estado de conservación.
4.2. Condición de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
Documentación en moi mal estado.
4.5. Instrumentos de descrición Inventario Índice alfabético de buques


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais
5.2. Existencia e localización de copias
5.3. Unidades de descrición relacionadas
5.4. Nota de publicacións GIRALDEZ LOMBA, Antonio: O ano do “Desastre” 1898 en Vigo. Vigo: Instituto de Estudios Vigueses, 1998
ORGE QUINTEIRO, José Antonio: Las Islas de San Simón (aproximación a su historia). Diputación de Pontevedra, 1994
PEREIRA FERNÁNDEZ, Xosé Manuel: A Pontevedra de Felipe II. Valga: Concello de Valga, 2000


6. Área de notas
6.1. Notas A documentación posterior a 1927 pertence a Sanidade Exterior de Vigo.


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Equipo técnico do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, baixo a dirección de Mª. Dolores Barahona Riber
7.2. Regras ou normas ISAD (G), 2ª ed.
7.3. Data da descripción Outubro 2004- febreiro 2005

Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/