DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Programa para dar a coñecer a música tradicional



A Deputación de Pontevedra financia o programa escolar que desenvolve o grupo de música tradicional Ardentía e que ten como obxectivo proporcionarlles ós nenos e mozos un primeiro contacto cos instrumentos do folclore tradicional galego. Unha programación artellada a partir de charlas didácticas e demostracións a cargo dos músicos de Ardentía permitirá o achegamento a instrumentos como a requinta, o pito galego, a gaita, a zanfona, o acordeón e distintas formas de percusión.


Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/