[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 6 DE XULLO DE 2020
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Deportes
Páxina Principal
Servizos
Deportes
Subvencións
Convenios
Festa do Deporte Provincial
Festa da Bicicleta
Escolas deportivas
Trofeos Deputación de Pontevedra

Páxina [1] 2
DEPORTES 

deputación de Pontevedra

Premios a deportistas 2009
Gala do Deporte

Bases | Premiados

Bases

A finalidade é premiar ós mellores deportistas pontevedreses (masculino-femenino) polos méritos deportivos acadados no ano 2009

PRIMEIRA
Cada Delegación Provincial das distintas Federacións Deportivas Galegas, ou, no seu caso, as propias Federacións ou Clubs, proporán ás dúas persoas candidatas que, ó seu criterio, sexan acreedores da distinción a nivel provincial. Á proposta achegarán unha memoria explicativa dos méritos deportivos, valores humanos e outros de interese, que concorran en cada candidato/a, e todas aquelas outras circunstancias que, a nivel deportivo ou persoal, aconsellen efectuar a mesma.

SEGUNDA
Poderán ser propostas, como persoas candidatas, tódalas deportistas naturais ou con cinco anos de residencia na provincia de Pontevedra. Os/As candidatos/as poderán ser tanto persoas físicas como Clubs.

TERCEIRA
As distintas Delegacións Provinciais, ou no seu caso as Federacións ou Clubs, presentarán no Rexistro Xeral da Deputación, ata o día 25 de xaneiro do 2010, a proposta das persoas candidatas, xunto co currículo de méritos de cada unha e a memoria explicativa no que basee a súa proposta.

CUARTA
Para designar á persoa Deportista máis destacada, nomearase un Xurado que estará integrado polos seguintes membros:

  • Presidente:
    O titular da Deputación ou deputado no que delegue.
  • Vogais:
    Nove representantes da Asociación de Prensa Deportiva.
    Seis Deputados/as provinciais, en representación dos Grupos da Corporación, na seguinte proporción:
    • Tres do Partido Popular,
    • Dous/dúas do PSOE
    • Un/unha do BNG.

    Un/unha representante das Federacións Deportivas.
    Un/unha representante do Servizo de Deportes da Deputación Provincial de Pontevedra.
  • Secretario:
    O titular da Corporación ou funcionario/a en quen delegue.

A resolución do Xurado, así como a composición das persoas que o integran, farase público o mesmo día da súa celebración darase a coñecer a través dos medios de comunicación social e participaráselles ás diversas Federacións, ás persoas candidatas e ós/ás deportistas premiados/as.

QUINTA
Á parte das nominacións formuladas polas Federacións e Clubs, o Xurado terá a facultade de propoñer nominacións.

SEXTA
O Xurado designará, así mesmo, de entre os/as deportistas seleccionados/as ós que, polos seus méritos, considere como máis destacado/a do ano 2009, nomeándo/a “DEPORTISTA PROVINCIAL DO ANO”.

SÉPTIMA
O Xurado designará “un premio especial” á Entidade ou Empresa que pola súa colaboración e axuda á promoción do deporte provincial sexa merecedora do mesmo.

A decisión do xurado darase a coñecer mediante unha acta que, pasará a coñecemento do presidente ou órgano competente en quen delegue para prestarlle a súa conformidade.

OITAVA
A entrega de distincións efectuarase no transcurso da “FESTA PROVINCIAL DO DEPORTE”, que, a tal fin, organizará a Deputación Provincial de Pontevedra, facéndose público, durante a mesma, o nome dos/as premiados/as.

Pontevedra, 8 de Enero de 2010


Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 28/01/2011 11:55
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/