[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 6 DE AGOSTO DE 2020
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Cultura » Cultura
Páxina Principal
Servizos
Cultura
Subvencións
Plan Cultural
Colaboracións
Premios
Investigación
Valle–Inclán
Otero Pedrayo
Premio entreculturas
Premios provinciais á cultura
Programas educativos-culturais para escolares
Exposicións e certames
Ligazóns

Páxina [1] 2
CULTURA 

deputación de Pontevedra

PREMIOS PROVINCIAIS Á CULTURA

Bases | Acta do xurado

A Presidencia, no uso das facultades que lle confire a normativa local vixente, dictou a seguinte

RESOLUCIÓN Estando prevista a convocatoria dos Premios Provinciais á Cultura-2010, resultando que por Secretaria e Intervención emiten informes favorables e que existe consignación na aplicación 10/330.334.481.01 do vixente orzamento provincial por importe de 24.000,00 € e considerando o establecido no art.34.n) da Lei 7/85 de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local RESOLVO, aprobar as bases que rexerán a citada convocatoria, autorizar o gasto polo importe citado e ordenar a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia

“BASES DOS “PREMIOS PROVINCIAIS Á CULTURA”

Primeira.—
A Deputación de Pontevedra, co obxecto de seguir apoiando e impulsando todas as manifestacións culturais da provincia, convoca os premios “Provinciais á Cultura”. Con estes premios a Deputación pretende salientar e impulsar o papel da provincia de Pontevedra no eido da cultura polo que recoñece o labor que están a desenvolver asociacións, fundacións, solistas, agrupacións musicais, concellos, mancomunidades ou agrupacións municipais, nunha provincia comprometida co seu patrimonio cultural.

Segunda.—
Os premios “Provinciais á Cultura” están dotados cunha cuantía total de 24.000,00 € imputable á aplicación 10/330.334.481.01 do vixente orzamento.

Terceira.—
Categorías e contía dos premios

  1. Premio ó proxecto cultural máis innovador// Premio á iniciativa cultural máis vangardista levado a cabo por asociacións culturais e fundacións sen ánimo de lucro da provincia de Pontevedra, este premio está dotado con 6.000,00 €.
  2. Premio á traxectoria cultural levado a cabo por un colectivo cultural da provincia de Pontevedra ó longo da súa historia e de recoñecido prestixio, dotado con 6.000,00€.
  3. Premio César Dios “Diosiño”, en recoñecemento ó labor levado a cabo por solistas ou agrupacións musicais da provincia de Pontevedra en defensa da música máis popular, dotado con 6.000,00€.
  4. Premio á protección ou recuperación do patrimonio público arquitectónico, levado a cabo por: concellos, mancomunidades ou agrupacións municipais da provincia de Pontevedra; a obra de recuperación do patrimonio público ten que estar rematada antes de finalizar o prazo de presentación de candidaturas, dotado con 6.000,00€.

Cuarta.—
As candidaturas para optar a estes premios poderán ser propostas por:

  • Presidente da Deputación provincial
  • Asociacións ou fundacións da provincia de Pontevedra
  • O mesmo xurado, xa constituído

Quinta.—
A presentación de candidatos/as ós premios formularase nun escrito ó presidente da Deputación de Pontevedra, achegando os seguintes documentos:

  • Premio ó proxecto ou iniciativa cultural: acreditación documental do proxecto ou iniciativa cultural da asociación ou fundación proposta para optar ó premio.
  • Premio á traxectoria cultural: acreditación documental da traxectoria cultural do colectivo proposto para optar ó premio.
  • Premio César Dios “Diosiñó”: curriculum vitae da persoa ou da agrupación que aspira ó premio, así como a acreditación dos méritos musicais da persoa ou da agrupación proposta para optar ó premio. Premio á protección ou recuperación do patrimonio público: acreditación documental e audiovisual da protección ou recuperación arquitectónica levado a cabo polo concello, mancomunidade ou agrupación de municipios proposto para optar ó premio.

Os documentos e antecedentes que se consideren de interese para o mellor coñecemento dos candidatos propostos para optar ós premios nas diferentes categorías.

Sexta.—
O prazo de presentación de candidatos/ as realizarase a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no BOP, ata o 11 de outubro de 2010

Sétima.—
Para adxudicar os premios ós que se refire esta convocatoria constituirase un xurado multidisciplinar integrado polos seguintes membros:

  • Presidente: o presidente da Deputación ou deputado no que delegue.
  • Vogais: o presidente da comisión informativa de Cultura
    • O presidente da comisión informativa de Desenvolvemento Industrial, Urbanismo e Vivenda
    • O director da Escola de Canteiros
    • Un representante de asociacións ou fundacións culturais
    • Un representante do departamento de Cultura— Tres persoas de recoñecido prestixio no eido da cultura e do patrimonio público.
    • Secretario: o titular da Deputación ou funcionario en quen delegue

Oitava.—
Da decisión do xurado e da adxudicación dos premios, redactarase unha acta detallada, que será asinada por todos os membros do devandito xurado. Dándose conta á Xunta de Goberno desta Deputación de Pontevedra. As decisións do xurado serán inapelables e queda facultado para resolver todas as dúbidas de interpretación destas bases.

Novena.—
A entrega dos premios realizarase no marco dun acto institucional, na data e lugar que determine a propia Deputación.

Pontevedra, 13 de xullo de 2010
O SECRETARIO
ilexible

Boletín Oficial da Provincia, data 23/07/10, número 140, páxina 24, anuncio 2010008098.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 08/11/2010 13:30
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/