[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 21 DE AGOSTO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Cidade Infantil Príncipe Felipe » Historia
Páxina Principal
Servizos
Cidade Infantil
Príncipe Felipe
Historia
Notas de identidade
Requisitos de acollemento residencial
Instalacións
Centro de Primeira Acollida
Centro infantil (maternais)
Centro Agarimo
Centro infanto-xuvenil
'Escola-Fogar'
Residencia Xuvenil
Centro de día
Escola infantil
Obxectivos e fins
Actividades
Campamento da Lanzada
Historia
Localización
Instalacións
Solicitudes
Taxas
Taxas

CIDADE INFANTIL PRÍNCIPE FELIPE 

Historia

Monumento conmemerativo da inauguración da Cidade Infantil. O 26 de xullo de 1976 os reis de España inauguraron as novas instalacións
 

“Para aproximarse á Cidade Infantil Príncipe Felipe cómpre achegarse a esa magnífica atalaia sobre a cidade de Pontevedra chamada Montecelo, onde respirar se fai gracia e virtude, porque alí medran o piñeiro, o eucalipto e a mimosa coróase de amarelo. É necesario subir a este lugar limpo, aberto e cheo de silencio para gozarmos do marabilloso espectáculo da imaxe dunha Pontevedra preta e apiñada, como arroupándose as casas unhas a outras, para deixar máis sitio e espacio ó Lérez que parece desde aquí todo o limpo e poético que din os poetas“.

García Pereira describiu así a localización da cidade infantil o mesmo mes da súa posta en funcionamento. O 26 de xullo de 1976 os reis de España inauguraban as novas instalacións acompañados do daquela presidente da Deputación, José Luís Pelaez Casalderrey, de funcionarios e numeroso público. As novas instalacións solucionaban así un problema existente desde había anos, a falta de espacio para lles prestar unha asistencia infantil adecuada ós nenos e mozos do Fogar provincial.

Tras moitas negociacións e buscas atopáronse, a uns dous quilómetros de Pontevedra, os terreos axeitados para construír os centros de acollida e de educación; despois de seis anos de duro traballo, a primeiros de setembro dese ano, a institución empezou a funcionar cos nenos do Fogar provincial e do Colexio de xordomudos da Lanzada. O vello edificio do ex-convento de xesuítas deu paso a unhas novas edificacións adaptadas ós novos tempos, con capacidade para máis de 200 rapaces. Hai pouco modernizáronse as instalacións e actualmente o sistema dun gran centro de acollida deu paso a unidades pequenas que se pretende sexan máis acolledoras e semellante a un fogar, para que os nenos poidan levar unha vida máis familiar e unha atención personalizada.

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 26/11/2004 13:31
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/