[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 6 DE XULLO DE 2020
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Deportes
Páxina Principal
Servizos
Deportes
Subvencións
Convenios
Festa do Deporte Provincial
Festa da Bicicleta
Escolas deportivas
2009/2010
2010/2011
Trofeos Deputación de Pontevedra

Páxina [1] 2
DEPORTES 

Deputación de Pontevedra

Festa provincial do Deporte 2011

bases | premiados

O Presidente desta Deputación Provincial, mediante resolución presidencial núm. 691 de data 24 de xaneiro de 2012, aprobou as seguintes bases:

“FESTA PROVINCIAL DO DEPORTE 2011”

A finalidade é premiar ós mellores deportistas pontevedreses (masculino-feminino) polos méritos deportivos acadados no ano 2011.

PRIMEIRA:
Cada Delegación Provincial das distintas Federacións Deportivas Galegas, ou, no seu caso, as propias Federacións ou Clubs, proporán ós/ás dous/dúas candidatos/as que, ó seu criterio, sexan acreedores da distinción a nivel provincial. Á proposta achegarán unha memoria explicativa dos méritos deportivos, valores humanos e outros de interese, que concorran en cada candidato/a, e todas aquelas outras circunstancias que, a nivel deportivo ou persoal, aconsellen efectuar a mesma.

SEGUNDA:
Poderán ser propostos/as, como candidatos/as, tódolos/tódalas deportistas naturais da provincia de Pontevedra ou con cinco anos de residencia na mesma. Os/as candidatos/as poderán ser tanto persoas físicas como clubs.

TERCEIRA:
As distintas Delegacións Provinciais, ou no seu caso as Federacións ou Clubs, presentarán no Rexistro Xeral da Deputación, ata o día 1 de marzo do 2012, a proposta dos/as candidatos/as, xunto co currículo de méritos de cada un deles/as e a memoria explicativa no que basee a súa proposta.

CUARTA:
Para designar ó/á deportista máis destacado/a, nomearase un Xurado que estará integrado polos seguintes membros:

  • Presidente: O titular da Deputación ou deputado no que delegue.
  • Vogais: Nove representantes da Asociación de Prensa Deportiva. Seis Deputados/as provinciais, en representación dos grupos da corporación, na seguinte proporción: tres do Partido Popular, dous/dúas do PSOE e un/unha do BNG. Un/unha representante da Secretaría xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. Un/unha representante do servizo de Deportes da Deputación Provincial de Pontevedra.
  • Secretario: O titular da Corporación ou funcionario/a en quen delegue. A resolución do Xurado, así como a composición das persoas que o integran farase público o mesmo día da súa celebración e daráse a coñecer a través dos medios de comunicación social e participaráselles ás diversas federacións, ós/ás candidatos/as e ós/ás deportistas premiados/as.

QUINTA:
Á parte das nominacións formuladas polas federacións e clubs, o Xurado terá a facultade de propoñer nominacións, non superando en vinte as nominacións finais.

SEXTA:
O Xurado designará, asímesmo, de entre os/as deportistas seleccionados/as ós que, polos seus méritos, considere como máis destacado/a do ano 2011, nomeándo/a “DEPORTISTA PROVINCIAL DO ANO”.

SÉTIMA:
O Xurado designará “un premio especial” á entidade ou empresa que pola súa colaboración e axuda á promoción do deporte provincial sexa merecedora do mesmo. A decisión do xurado darase a coñecer mediante unha acta que, pasará a coñecemento do presidente ou órgano competente en quen delegue para prestarlle a súa conformidade.

OITAVA:
A entrega de distincións efectuarase no transcurso da “FESTA PROVINCIAL DO DEPORTE”, que a tal fin organizará a Deputación Provincial de Pontevedra, facéndose público, durante a mesma, o nome dos/as premiados/as, non levando ditos premios ningún tipo de aportación económica.

Pontevedra, 24 de xaneiro de 2012
O XEFE DO SERVIZO DE DEPORTES
Antonio Santos Guerra

Boletín Oficial da Provincia, data 30/01/12, número 20, páxina 28, anuncio 2012000728.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 08/03/2013 15:36
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/