[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 11 DE DECEMBRO DE 2018
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Bibliográfico » Biblioteca » Biblioteca » Biblioteca » Información bibliográfica
Páxina Principal
Patrimonio Bibliográfico
Biblioteca
Alerta bibliográfica
Información bibliográfica
Hemeroteca
Cartoteca
Audiovisuais

Páxina [1] 2 3
BIBLIOTECA 

Información bibliográfica

O servizo de información bibliográfica, baseado na elaboración de bibliografías sobre aspectos concretos de interese para os usuarios e usuarias, ten como obxectivo fundamental achegarlles a información bibliográfica dispoñible na biblioteca a toda a cidadanía, sen necesidade de que se teña que desprazar dende o seu domicilio.

Nesas bibliografías as persoas usuarias recibirán información puntual sobre a documentación relativa a un determinado tema específico existente nas monografías e artigos de publicacións periódicas dispoñibles.

Para solicitar unha bibliografía determinada deberán indicar na mensaxe o aspecto concreto sobre o que require información; coa maior brevidade posible recibirá un documento pdf coa referencia das fontes de información dispoñibles na biblioteca e na hemeroteca.

As bibliografías que se faciliten a través deste servizo incluirán unicamente fontes directas de información, que, en calquera caso, sempre se poderán ampliar mediante o servizo de información e referencia que se presta nas instalacións da biblioteca da Deputación de Pontevedra (rúa Padre Amoedo, núm. 1, 2ª planta).

Páxina Seguinte Páxina [1] 2 3

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 13/09/2018 09:57
Copyright © 2002-2018, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/