[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 6 DE XULLO DE 2020
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Acción Social
Páxina Principal
Servizos
Acción Social
Áreas de traballo
Xuventude, infancia e familia
Muller
Persoas maiores
Servizos Sociais especializados
Impresos
Guía do Servizo de Acción Social
Ligazóns
Teléfonos de contacto

Páxina [1] 2
ACCIÓN SOCIAL 

Deputación de Pontevedra

BASES PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA DIURNO DE CARÁCTER LÚDICO DE BALNEARIOS ANO 2012

Bases | Nota informativa | Solicitude | Puntuación concellos

Un ano máis a Deputación de Pontevedra a través do Servicio de Acción Social convoca unha nova edición do Programa Diurno de carácter Lúdico de Balnearios, contribuíndo desta maneira ao fomento do envellecemento activo e a mellorar a calidade de vida dos nosos maiores.

C L Á U S U L A S

PRIMEIRA.—OBXETO E DESTINATARIOS
O Programa Diurno de Balnearios ten por obxecto proporcionar, as persoas a partir de 50 anos, pensionistas ou con necesidades de respiro familiar que residan na nosa provincia, unha serie de actividades encamiñadas a mellorar a sua calidade de vida, ofertandolles a oportunidade de ocupar o seu tempo de lecer a uns precios reducidos.

Poderán participar no Programa todas as persoas que reúnan os seguintes requisitos.

  1. Persoas a partir de 50 anos
  2. Pensionistas.
  3. Aquelas persoas que mediante informe da traballadora social do concello, se estime conveniente, entendendose como unha situación de respiro familiar.

É requisito indispensable non padecer ninguha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa , así como estar en condicións de total autonomía.

SEGUNDA.—CARACTERÍSTICAS E SERVIZOS OFERTADOS
O Programa consiste en pasar cinco tardes seguidas (de luns a venres), nos Balnearios , talasos e Spas da nosa provincia. Este levarasea cabo nunha soa campaña e as saidas realizaranse ao longo de todo o ano, exceptuando as vacacions de semana santa e o mes de agosto.

Para a organización do Programa a Deputación contratará a unha empresa especializada na organización de viaxes.

Cada semana sairá un autobús con cartel identificativo do punto estipulado previamente, onde recollerán os beneficiarios trasladándoos aos balnearios , talasos ou spas elixidos, onde permanecerán por unha media de dúas horas, disfrutando das instalacións e dos servizos contemplados neste Programa.

O guía repartirá o primeiro día un bono viaxe con data e hora de recollida, e indicará a cota a pagar por cada participante, informando detalladamente da cobertura do seguro durante o traxecto. En cada balneario ou talaso facilitaranse unhas chanclas e un gorro, para utilizar nas suas instalacions.

A axencia de viaxes adxudicataria para a organización do programa comunicará a cada concello a semana outorgada, sendo estes os que determinen as paradas (como máximo dúas, que deberán dispoñer de espazos amplios, onde os autobuses poidan entrar e maniobrar) e informen posteriormente a axencia de viaxes.

TERCEIRA.—PRESUPOSTO E FINANZAMENTO
A contía consignada para este programa ascende a 192.500 euros, con cargo a aplicación 12/230.230.227.07 do orzamento ordinario prorrogado da Deputación Provincial. O programa será cofinanciado pola Deputación Provincial de Pontevedra, os concellos e ó usuario/a.

A Deputación partindo dun prezo máximo de licitación de 140 euros/persoa (IVA engadido) realizará unha aportación de 35 euros/ praza. O concello fará unha aportación de 10 euros/praza e o usuario aboará unha contía que dependerá do prezo ofertado pola empresa adxudicataria.

No caso de que o concello no se adhira, ó solicitante deberá custear a parte proporcional de subvención do mesmo.

Si na contratación para a organización deste programa se producise algunha baixa de adxudicación, respecto ao prezo de licitación a mesma se procederá a incrementar a oferta de prazas para os participantes.

Os prezos de cada establecemento hoteleiro expoñeránse ao público na páxina web e daranse a coñecer a través dos medios de comunicación.

CUARTA.—ADHESIÓN DOS CONCELLOS
Todos os concellos da provincia de Pontevedra poderán sumarse ao programa mediante acordo de adhesión adoptado polo órgano competente e remitíndose certificación expedida polo Secretario do mencionado acordó, dentro dos 15 días naturais seguintes á notificación da apertura do programa, que se trasladará mediante carta certificada aos concellos. Se o último día coincidise en festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte.

Pasado dito prazo de 15 día naturais, de non enviar a adhesión, entenderase que o concello non quere participar, sen que teña que facelo constar por escrito.

Tanto a Deputación como os concellos que se queiran adherir ó programa subvencionarán parte do custo que supón a realización do mesmo. A cantidade restante deberá aboala o beneficiario. Os concellos que se adhiran actuarán como entidades colaboradoras na xestión do Programa e deberán reunir determinados requisitos e cumprir coas obrigas que se establezcan nas Bases Reguladoras de acordó co disposto na LXS.

QUINTA- SELECCIÓN DE SOLICITUDES DOS CONCELLOS ADHERIDOS
Nos concellos adheridos, cando as prazas subvencionadas fosen inferiores ás demandas, realizarase a selección dende os Servicios Sociais Municipais, dando preferencia primeiramente ás persoas que non participaron no ano anterior, e de seguido ás persoas de maior idade ou con necesidades de respiro familiar. No caso de solicitudes de conxuxe ou parella, os expedientes baremaranse establecendo a media aritmética das suas idades.

SEXTA.—SELECCIÓN DOS CONCELLOS NON ADHERIDOS
No caso de que os concellos non se adhiran ó Programa, as persoas que desexen participar deberán entregar a solicitude na Deputación Provincial, e rexiráse a selección das solicitudes polos mesmos criterios sinalados na cláusula quinta.

SÉTIMA.—PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de inscripción tanto para ós concellos adheridos, asi como para as persoas que solicitan de forma independente será de 20 días hábiles a partir do día seguinte a publicación destas bases no B.O.P: No caso dos concellos que no se adhiran as instancias presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4 da lei 30/92 de 26 de novembro, de Réximen Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo común e o art.80 do R.D. 1098/2001 de 12 de outubro polo que se aproba o Regulamento Xeral da lei de contratos das Administracións Públicas.

No suposto de que as prazas oufertadas non queden cubertas, esta Institución reservarase o dereito de abrir un novo prazo de inscripción.

OCTAVA.—DOCUMENTACIÓN
Os concellos Adheridos ó Programa deberán remitir ó Rexistro de entrada da Deputación a seguinte documentación:

  1. Acordo de adhesión adoptado polo órgano competente e certificación do mesmo expedida polo Secretario.
  2. Listado nominal dos participantes seleccionados e da correspondente lista de espera (os concellos deberán remitir ademáis, unha copia destes listados á empresa adxudicataria).
  3. Impreso de solicitude, acompañado da fotocopia do D.N.I. dos solicitantes, e debidamente cumplimentado.

Aqueles interesados nos que os concellos non se adhiran deberán remitir a mesma documentación a excepción do acordó de adhesión.

NOVENA.—PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN
A concesión destas subvencions realizaranse polo réxime de concorrencia competitiva, correspondendolle a instrucción ó Servizo de Acción Social e a adxudicación á Xunta de Goberno.

A Deputación de Pontevedra establece a convocatoria de prazas do Programa Diurno de Balnearios, no marco de actividades para as persoas maiores, ofertando inicialmente un máximo de 5.500 prazas, que serán outorgadas ás persoas que reúnan os requisitos e presenten a documentación debidamente cumprimentada.

As baixas dos usuarios deberán estar xustificadas e só en ese caso se xestionará pola Empresa adxudicataria da Asistencia Técnica a devolución correspondente.

DÉCIMA.—PUBLICIDADE
En toda publicidade que se elabore débese facer constar a organización e a colaboración da Deputación, mediante a inclusión da sua imaxe institucional en conformidad co artigo 31 do RLXS. Para todo o relacionado coa citada publicidade a axencia de viaxes adxudicataria da organización do Programa, poderá dirixirse a seguinte dirección de correo electrónico: imaxe@depo.es

DÉCIMO PRIMERA.—XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO
Conforme establece o artigo 17.3.i da LXS, para proceder ó pago da subvención, a empresa adxudicataria presentará xunto coas facturas os listados das persoas participantes no Programa.

O pago realizarase directamente no número da conta bancaria da empresa adxudicataria. No caso do usuario farase directamente o primeiro día no lugar de saida.

DÉCIMO SEGUNDA.—PRAZO DE VIXENCIA
As presentes Bases terán unha vixencia correspondente a todo exercicio 2012.

DÉCIMO TERCERA.—LEXISLACIÓN APLICABLE

  • Lei 38/2003 de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
  • Real Decreto 887/2006 de 21 de xullo, aprobando o Reglamento da Lei Xeral de Subvencións.
  • Lei 13/2008 del 3 de decembro de Servizos Sociais de Galicia.
  • Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora de Bases de Réxime Local.
  • R.D. Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais.
  • Lei 30 /1992 de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo común.
  • Bases de execución do vixente orzamento provincial



Boletín Oficial da Provincia, data 06/06/12, número 108, páxina 10, anuncio 2012005499.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 06/06/2012 10:38
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/