[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 6 DE XULLO DE 2020
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Deportes
Páxina Principal
Servizos
Deportes
Subvencións
Convenios
Festa do Deporte Provincial
Festa da Bicicleta
Escolas deportivas
2009/2010
2010/2011
Trofeos Deputación de Pontevedra

DEPORTES 

Deputación de Pontevedra

CONCESIÓN DE PREMIOS A DEPORTISTAS 2012

Bases

O Presidente desta Deputación Provincial, mediante resolución presidencial núm. 723 de data 25 de xaneiro de 2013, aprobou as seguintes bases:

A finalidade é premiar ós mellores deportistas pontevedreses (masculino-feminino) polos méritos deportivos acadados no ano 2012.

PRIMEIRA: Cada Delegación Provincial das distintas federacións deportivas galegas, ou, no seu caso, as propias federacións, proporán ós/ás dous/dúas candidatos/as masculino-feminino nas categorías senior e promesa , así como un club que, ó seu criterio, sexan acreedores da distinción a nivel provincial. Á proposta achegarán unha memoria explicativa dos méritos deportivos, valores humanos e outros de interese, que concorran en cada candidato/a, e todas aquelas outras circunstancias que, a nivel deportivo ou persoal, aconsellen efectuar a mesma.

SEGUNDA: Poderán ser propostos/as, como candidatos/as, tódolos/tódalas deportistas naturais da provincia de Pontevedra ou con cinco anos de residencia na mesma. Os/as candidatos/as poderán ser tanto persoas físicas como clubs.

TERCEIRA: As distintas Delegacións Provinciais, ou no seu caso as federacións, presentarán no Rexistro Xeral da Deputación, ata o día 15 de febreiro do 2013, a proposta dos/as candidatos/as, xunto co currículo de méritos de cada un deles/as e a memoria explicativa no que basee a súa proposta.

CUARTA: Para designar ó/á deportista máis destacado/a, nomearase un xurado que estará integrado polos seguintes membros:

  • Presidente: O titular da Deputación ou deputado no que delegue.
  • Vogais: Nove representantes da Asociación de Prensa Deportiva.
    Seis Deputados/as provinciais, en representación dos grupos da corporación, na seguinte proporción: tres do Partido Popular, dous/dúas do PSOE e un/unha do BNG.
    Un/unha representante da Secretaría xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. Un/unha representante do servizo de Deportes da Deputación Provincial de Pontevedra.
  • Secretario: O titular da Corporación ou funcionario/a en quen delegue.

A resolución do xurado, así como a composición das persoas que o integran farase público o mesmo día da súa celebración e daráse a coñecer a través dos medios de comunicación social e participaráselles ás diversas federacións, ós/ás candidatos/as e ós/ás deportistas premiados/as.

Non serán obxecto desta convocatoria as asociacións de maiores, de mulleres, de veciños, culturais ou empresariais, entre outras, xa que teñen a súa propia convocatoria de axudas e non reúnen o perfil das bases aquí presentadas.

QUINTA: Á parte das nominacións formuladas polas federacións, o xurado terá a facultade de propoñer nominacións, non superando en vinte as nominacións finais.

SEXTA: O xurado designará, asímesmo, de entre os/as deportistas seleccionados/as ós que, polos seus méritos, considere como máis destacado/a do ano 2013, nomeándo/a "DEPORTISTA PROVINCIAL DO ANO".

A decisión do xurado darase a coñecer mediante unha acta que, pasará a coñecemento do presidente ou órgano competente en quen delegue para prestarlle a súa conformidade.

SÉTIMA: A entrega de distincións efectuarase no transcurso da "FESTA PROVINCIAL DO DEPORTE", que a tal fin organizará a Deputación Provincial de Pontevedra, facéndose público, durante a mesma, o nome dos/as premiados/as, non levando ditos premios ningún tipo de aportación económica.



Boletín Oficial da Provincia, data 31/01/13, número 22, páxina 14, anuncio 2013000823.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 31/01/2013 11:54
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/