[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 25 DE SETEMBRO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Patrimonio Documental e Bibliográfico » Patrimonio Documental » Arquivo Deputación Provincial » Local
Páxina Principal
Arquivo Deputación Provincial
Ficha técnica
Local
Fondos e coleccións
Arquivo Deputación. (Institución)
Fondo Deputación
Fondo. Norma ISAD(G)
Cadro de clasificación
Inventario
Outros fondos
Fondos públicos
Fondos privados
Reprografía de complemento
Dixitalización documental
Patrimonio Documental Provincial

Páxina 1 2 [3] 4
PATRIMONIO DOCUMENTAL 

Local

Unha das plantas e alzado das novas instalacións do Arquivo da Deputación
na rúa Pai Amoedo.

O Arquivo, xunto cos demais servizos da Deputación, instálase inicialmente, tras unha breve estancia na rúa Costa de Santa María, no desamortizado convento de San Francisco onde permanece ata 1890, ano no que se traslada á nova sede do actual Pazo provincial.

Na actualidade o Arquivo da Deputación, amén dun espacio no propio Pazo destinado á recepción documental transferida, ocupa o edificio situado entre as rúas Pai Amoedo, Pai Sarmiento e a edificación do antigo convento dos Xesuítas, á que se une nos puntos extremos.

Esta edificación foi reformada entre os anos 1981 e 1983 para instalar o arquivo na planta baixa e salas de exposicións do Museo e vivenda nas plantas superiores. No ano 2005 iníciase o proceso de restauración completa coa intención de adicar a totalidade da edificación para as instlacións do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra.

No ano 2008 inaugurouse esta nova sede logo da reforma integral do edificio, o que proporciona unhas instalacións modernas e espaciosas, adecuadas para o desenvolvemento das actuacións e servizos que se veñen prestando. Entre as premisas do proxecto destacaba o resalte da edificación mediante unha fachada na que se promociona a parte central, que se transforma nun corpo transparente e diáfano, combinando cobre e pedra, que abre o edificio á cidade.

O proxecto, obra do arquitecto José Enrique Pérez-Ardá Criado, da como resultado unha nova distribución interna con cinco plantas: dous sotos para depósito de fondos documentais, cunha superficie de 1.100 m2, nos que se instala os equipamentos necesarios para a súa específica función, todos eles con estantería compactada.

Na planta baixa dispónse un gran patio distribuidor central, algúns despachos e zonas de servizos comúns, coma o salón de usos múltiples.

Nas plantas superiores ubícanse as zonas de traballo e consulta das diferentes seccións do Servizo do Patrimonio Documental e Bibliográfico: arquivo, biblioteca, gabinete de normalización lingüística e editorial, cada un deles cos seus medios e instalacións inherentes.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 [3] 4

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 03/05/2012 08:37
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/