[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
DOMINGO, 24 DE SETEMBRO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Patrimonio Documental e Bibliográfico » Patrimonio Bibliográfico » Audiovisuais
Páxina Principal
Patrimonio Bibliográfico
Biblioteca
Hemeroteca
Cartoteca
Audiovisuais
Material gráfico
Gravacións audiovisuais
Gravacións sonoras
Catálogo

Páxina [1] 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12
AUDIOVISUAIS 

Audiovisuais

A Conferencia xeral da UNESCO deu a súa aprobación á “Convención para la salvaguardia del Patrimonio Cultural Inmaterial”, en outubro do ano 2003, entrando en vigor o día 20 de abril do 2006.

O patrimonio cultural inmaterial é a resultante dos usos, representacións, expresións, coñecementos e técnicas, xunto cos instrumentos e espazos culturais que lle son inherentes e que as comunidades, grupos ou individuos recoñecen como parte integrante do seu acervo cultural.

Conscientes de que a salvagarda e divulgación do patrimonio cultural inmaterial de cada comunidade contribuirá de xeito importante na valoración das culturas rexionais ou locais, no máis amplo sentido das palabras, e dende ese respecto contribuír á integración dun sistema multicultural.

Todo o noso patrimonio cultural inmaterial é o elemento que conforma a nosa identidade e á vez nos diferencia doutras culturas. Unha parte importante deste é o comprendido no patrimonio documental audiovisual que se pode definir como obras que comprenden imaxes reproducibles e os sons incorporados a un soporte.

É importante indicar que tódo os arquivos teñen como ámbito territorial de Galicia e o contorno cultural galego, agás aqueles con fácil definición territorial no que o seu ámbito se especifíca na provincia de Pontevedra.

Nun intento de clarificar e clasificar esta documentación agrupámola en tres tipos diferenciados:

Páxina Seguinte Páxina [1] 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 15/04/2013 09:10
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/