[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 12 DE AGOSTO DE 2020
   Está en » depontevedra.es » ..... » Servizos » Acción Social » Webs temáticas » 25 de novembro. Día internacional contra a violencia sobre as mulleres
Páxina 1 2 [3] 4 5 6 7 8
25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA SOBRE AS MULLERES 



ACTIVIDADE 1: VIOLENCIA ENTRE IGUAIS

Trátase de observar, analizar e reflexionarmos sobre situacións de violencia no propio contorno.

Formaranse equipos mixtos entre catro e seis persoas, e nunha folla de rexistro iranse anotando todas aquelas actuacións e situacións de violencia que observen ou vivan no seu contorno: clase, casa, recreos, discotecas, rúa, ...

  • Exemplo de folla de rexistro cos datos básicos para recoller:
    • Data e lugar
    • Persoa que inicia o acto violento (mozo ou moza). Que fai?
    • Persoa que recibe (mozo ou moza). Que fai?
    • Que fan os espectadores que presenzan a escena?
    • Outras observacións
  • A partir da folla de rexistro procesarase á información segundo o seguinte esquema:
    • Número e tipo de actos violentos
    • Momentos e lugares máis frecuentes
    • Porcentaxe por sexos das persoas que inician o acto violento
    • Tipo de respostas ós actos violentos en función do xénero
    • Comportamentos máis frecuentes das persoas que presenzan a situación
    • Analizar os resultados obtidos

Conclusións:

Determinar tipos de actos violentos máis frecuentes e lugares nos que se dan.

Determinar a influencia do xénero nos tipos de actos violentos e nas respostas a estes.



Páxina Seguinte Páxina 1 2 [3] 4 5 6 7 8

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 25/11/2004 11:01
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/