[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 12 DE AGOSTO DE 2020
   Está en » depontevedra.es » ..... » Servizos » Acción Social » Webs temáticas » 25 de novembro. Día internacional contra a violencia sobre as mulleres
Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8
25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA SOBRE AS MULLERES 




Non lle gusta que saias con amigos/as, ou esíxeche pedirlle permiso para facelo.

Presiónate para que non uses certo tipo de roupa, ou moléstase se o fas.

É celoso de calquera que se che achege.

Presiónate para ter relacións sexuais, el decide cándo ou cómo telas.

Se tendes relacións sexuais, non se responsabiliza de controlar os embarazos e de evitar as infeccións de transmisión sexual.

Sempre está disposto a responder afirmativamente a achegamentos sexuais doutras persoas. Pero non quere que ti o fagas.

Decide controlar os cartos.

Altérase, insulta e berra cando discutides sobre algo.

Sempre quere ter a última palabra nas discusións, non respecta as túas opinións ou suxestións.

Empúrrate ou golpéate.

Pensa que o home é da rúa e a muller da súa casa.




Respecta o teu dereito a ter amigos/as e actividades propias.

Respecta e acepta a túa forma de vestir.

Confía en ti e no valor da relación que compartides.

Aínda que exprese o seu desexo de ter relacións sexuais, acepta ter ou non.

Só mantendes relacións sexuais por mutuo acordo e desexo.

Se tendes relacións sexuais asume a súa responsabilidade de controlar os embarazos e evitar as infeccións.

Respecta o teu dereito sobre o teu corpo.

Emprega estratexias non violentas de solución de conflictos como o diálogo e a negociación.

Respecta as diferenzas, as túas opinións e ideas. Exprésase sen violencia e sen intimidar.

Respecta o teu corpo, os teus sentimentos, o teu dereito a liberdade e a coidarte por ti mesma.

Apoia os teus proxectos e decisións. Cre na igualdade entre homes e mulleres.



Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 25/11/2004 11:12
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/