1.- O programa “Coñece o Museo de Pontevedra” levarase a cabo ó longo do ano 2013 coa finalidade de achegar ós/ás escolares da provincia de Pontevedra a un centro vivo de cultura, non só polos fondos e obxectos de arte que posúe, senón tamén polo intenso labor que no campo da cultura desenvolve.
2.- As solicitudes faranse por escrito á Deputación de Pontevedra, en modelo oficial, unha vez concertada a data da visita co Gabinete Didáctico do Museo Provincial de Pontevedra, cunha antelación de 30 días á súa realización, xunto co orzamento detallado da empresa de transportes e presentaranse no rexistro xeral deste organismo:
- Sede de Pontevedra: Avda. Montero Ríos, s/n (de luns a sábado)
- Sede de Vigo: Rúa Oporto, 3 (de luns a venres)
3.- As visitas realizaranse dentro do horario de apertura do Museo ao público, entre as 10:00 h e as 21:00 h, escollendo o Centro entre percorridos de carácter xeral ou visitas temáticas como: “Prehistoria e Arqueoloxía”, “A obra de Castelao”, “Introdución á historia da pintura”, “O significado das imaxes”, “As salas navais e as descubertas xeográficas, “As ruínas de San Domingos”, etc.
O tempo das visitas oscilará entre 90 e 120 minutos e poden ampliar a información referente a cada unha delas chamando ao Gabinete Didáctico ou no enderezo electrónico: gabinetedidactico.museo@depo.es
4.- O grupo visitante irá acompañado por docentes do Gabinete Didáctico do Museo, que serán as persoas encargadas de dirixir as visitas. Faráselles entrega tanto ó alumnado coma ó profesorado de material de apoio relacionado coa visita.
5.- A Deputación de Pontevedra subvencionará unha visita a cada centro escolar, ata esgotar a dotación orzamentaria, non superando nelas o número máximo de 50 escolares. Unha vez adxudicada e realizada a visita, a empresa de transportes presentará a factura correspondente de acordo coa cantidade indicada na resolución de concesión.
Quedarán excluídos da subvención os centros escolares do casco urbano da cidade de Pontevedra.
6.- O número de alumnos/as máximo sinalado en cada visita non poderá superarse en ningún caso, nin se poderá variar persoalmente o nivel educativo para o que se lle outorgou a visita.
O criterio e responsabilidade do cumprimento deste apartado será cometido exclusivo do Gabinete Didáctico do Museo Provincial de Pontevedra, que poderá, no seu caso (seguindo criterios educativos e de seguridade) suspender a visita.
7.- Os/as mestres e o Centro comprometeranse a cubrir unha serie de enquisas (no caso de serlle entregadas no programa) valorando e suxerindo novas propostas para a súa mellora, debendo remitilas ó enderezo abaixo indicado.
8.- Solicitadas as visitas polos centros, estas adxudicaranse atendendo a criterios orzamentarios e de funcionalidade e operatividade, aboando a Deputación o prezo da viaxe, en consideración ó prezo medio do mercado.
9.- Todos os centros aceptan as presentes condicións para participar no programa.
PROGRAMA EDUCATIVO CULTURAL
COÑECE O MUSEO DE PONTEVEDRA
- Museo Provincial de Pontevedra
Gabinete Didáctico do Museo de Pontevedra
Rúa Pasantería, 10
Teléfs. 986 - 85 14 55
36002 - Pontevedra
- Deputación de Pontevedra
Servizo de Cultura
Avda. Montero Ríos, s/n
Teléfs. 986 - 80 4100 / 886 - 21 04 10
36071 - Pontevedra
Formulario de solicitude |