[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 25 DE SETEMBRO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Arquivo Deputación Provincial
Patrimonio Documental Provincial
Patrimonio Bibliográfico
Biblioteca
Hemeroteca
Cartoteca
Audiovisuais
Editorial

 

A Deputación envía as novidades do Servizo Editorial ás bibliotecas municipais con motivo do Día da Bibliotecas



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Patrimonio Documental e Bibliográfico

25 OUTUBRO 2016


O deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, visitou esta mañá a Biblioteca Municipal de Sanxenxo para facer unha entrega simbólica de libros e coñecer de preto a súa realidade diaria na Conmemoración do Día da Biblioteca

"No Día da Biblioteca quixemos achegarnos a unha biblioteca municipal, para coñecer de preto a realidade do seu día a día e facer unha entrega simbólica tanto das novidades editadas polo noso Servizo Editorial como doutros exemplares adquiridos polo Servizo de Cultura e Lingua" manifestou o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, esta mañá en Sanxenxo. O deputado, acompañado pola responsable do Servizo de Patrimonio Documental, Ana Vicente, fixo unha visita á Biblioteca Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo onde se fixo entrega dos lotes que inclúen as edicións máis recentes do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación con títulos como "Verne Imaxinado"de banda deseñada, "A viaxe imaxinaria de Sofonisba Anguissola" de arte, "A nenez a través dos anteollos de Castelao", a unidade didáctica sobre Castelao, "Cousas de nenos", un ensaio sobre a nenez, "A lingua galega entre 1963 e 1975", ensaio sobre a lingua, e "A illa curiosa e a tradución do universo" e "Onde os alacráns", ambos de tradución poética, entre outros.

BUSCAR NAS NOVAS
SETEMBRO 2017
LMMXVSD
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930
 HOXE 

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 25/10/2016 12:21
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/