[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 21 DE XULLO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Arquivo Deputación Provincial
Patrimonio Documental Provincial
Patrimonio Bibliográfico
Biblioteca
Hemeroteca
Cartoteca
Audiovisuais
Editorial

 

Día do Patrimonio Audiovisual 2016



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Patrimonio Documental e Bibliográfico

26 OUTUBRO 2016


En 2005 a Unesco estableceu a celebración anual dun Día do Patrimonio Audiovisual, o 27 de outubro, co fin de valorar o carácter principal dos formatos audiovisuais (imaxes fixas e en movemento, gravacións sonoras, programas de radio e televisión…) como fontes de coñecemento para a sociedade en calquera aspecto personal ou profesional.

Con motivo desta celebración no Servicio de Patrimonio Documental e Bibliográfico, proxectarase o documental A volta dos nove e posterior coloquio co seu realizador, Antonio Caeiro

A volta dos nove (2014) é un documental realizado por Antonio Caeiro e producido por O Faiado Producións que lembra o asasinato de nove veciños do Val Miñor en outubro de 1936.

O filme indaga nas vivencias e recordos dos familiares dos asasinados e completa a trilogía adicada polo director na recuperación da memoria histórica xunto aos seus outros traballos Aillados (2001) e A memoria nos tempos do wolfram (2003).

Ademáis do seu traballo como director e guionista de documentais, Antonio Caeiro é a cabeza visible de O Faiado da Memoria, un proxecto de recuperación da memoria histórica e do patrimonio audiovisual, a través do cine e fotografía antigas en Vilagarcía de Arousa .



BUSCAR NAS NOVAS
XULLO 2017
LMMXVSD
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31
 HOXE 

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 26/10/2016 14:12
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/