[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 19 DE NOVEMBRO DE 2018 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Arquivo Deputación Provincial
Patrimonio Documental Provincial
Patrimonio Bibliográfico
Biblioteca
Hemeroteca
Cartoteca
Audiovisuais
Editorial

 

No 2017 aumentaron usuarios e consultas no Arquivo da Deputación de Pontevedra



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Patrimonio Documental e Bibliográfico

12 MARZO 2018


O Arquivo da Deputación de Pontevedra aumentou no pasado ano 2017 o número de usuarios e consultas, tanto nas súas dependencias como a través de diferentes medios de acceso ( mail, teléfono....)

A estatística anual referida a 2017 recolle un número total de usuarios de 433 persoas distintas que a este efecto contable se dividen en usuarios externos (persoas alleas á Deputación, así como ás súas dependencias e Servizos) que foron un total de 176 persoas, das que 102 fixeron as súas consultas de xeito presencial, 38 a fixeron por e-mail e 36 por teléfono.

Pola contra os usuarios internos, aqueles que prestan servizos nas diferentes oficinas e institucións dependentes da deputación foron un total de 257, dos que 16 foron presenciais ,162 consultaron mediante correo electrónico e 79 por teléfono

O número total de consultas ascendeu a 105.920 documentos, de acordo cos criterios establecidos para a elaboración estatística en Arquivos de Deputacións (1.100 documentos por unidade de instalación –caixa- consultada) e 60 documentos por expediente consultado.

Outro modo de acceder á información do patrimonio documental conservado no Arquivo da Deputación foi a través da páxina web www.arquivos.depo.gal, xunto co resto da información que nela se amosa do Servicio de Patrimonio Documental y Bibliográfico e das súas actuacións (Arquivo Deputación, Patrimonio documental provincial-arquivos municipais e outros- editorial e biblioteca, coas súas seccións de patrimonio audiovisual e cartoteca)

O número de visitantes distintos por esta medio ascendeu a 96.406, que abriron un total de 1.071.939 de páxinas nun total de 178.220 visitas diferentes.



BUSCAR NAS NOVAS
NOVEMBRO 2018
LMMXVSD
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930
 HOXE 

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 12/03/2018 10:37
Copyright © 2002-2018, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/