[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 10 DE DECEMBRO DE 2018
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Arquivo Deputación Provincial
Patrimonio Documental Provincial
Patrimonio Bibliográfico
Biblioteca
Hemeroteca
Cartoteca
Audiovisuais
Editorial

 

Dia do Patrimonio 2018



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Patrimonio Documental e Bibliográfico

15 NOVEMBRO 2018


O Servizo do Patrimonio Documental e Bibliográfico custodia, conserva e difunde, ben directamente ou ben colaborando con outras institucións e organismos, unha variada mostra do patrimonio documental pontevedrés... unha pequena pinga no océano do patrimonio mundial.

A celebración desta efeméride supón unha ocasión nova para a posta en valor deste patrimonio e o seu ofrecemento para o uso e goce des institucións e dos cidadáns interesados.

Tanto o patrimonio documental desta Deputación coma o dos concellos e outras entidades, así coma o rico patrimonio bibliográfico, plasmado en variada tipoloxía, atópase a disposición de calquera interesado.

Expedientes, vídeos, lousas, monografías, artigos de revistas, mapas, planos, fotos aéreas...patrimonio a conservar e a utilizar.

Nesta liña, temos en marcha a posta en funcionamento de "Atopo", que xa funciona nas dependencias do Servizo do Patrimonio Documental e Bibliográfico e está prevista a súa públicación na web.

ATOPO é un portal de descubrimento de recursos de información a partir das coleccións e fondos documentais, bibliográficos, cartográficos e audiovisuais do Museo de Pontevedra, do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación, dos arquivos municipais e doutras institucións, públicas ou privadas, da provincia de Pontevedra.

ATOPO é un proxecto vivo que engade fondos de xeito continuo. Gran parte destes fondos están dixitalizados.

Por medio dunha ferramenta de software libre, desde o metabuscador, facilítase o acceso completo e sinxelo aos fondos, independentemente do seu formato, localización física e procedencia institucional. Trátase dunha solución que permite consultar unha ou máis bases de datos á vez e obter respostas en intervalos de tempo mínimos.

A modo de exemplo ofrecemos información sobre o patrimonio organizado e descrito relativo a un espazo xeográfico concreto da provincia, neste caso a Comarca do Deza, o posible uso dos abundantes fondos cartográficos con dúas comparativas dunha parte das rías de Pontevedra e Vigo:

Patrimonio documental na Comarca do Deza

Fotografías aéreas verticais do fondo da ría de Pontevedra

Fotografías aéreas verticais dos Portos de Bouzas e Vigo

BUSCAR NAS NOVAS
DECEMBRO 2018
LMMXVSD
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31
 HOXE 

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 27/11/2018 10:30
Copyright © 2002-2018, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/