[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 22 DE NOVEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Arquivo Deputación Provincial
Patrimonio Documental Provincial
Patrimonio Bibliográfico
Biblioteca
Hemeroteca
Cartoteca
Audiovisuais
Editorial

 

Celebración do Día da Biblioteca, 2019



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Patrimonio Documental e Bibliográfico

23 OUTUBRO 2019


Este 24 de outubro, como cada ano, celébrase o denominado Día da Biblioteca, que pretende render homenaxe tanto aos profesionais como ás institucións bibliotecarias en xeral, co obxecto de difundir un servizo público de proximidade ao cidadán que facilite o acceso ao coñecemento.

Esta efeméride ten a súa orixe nos feitos acontecidos no ano 1992 en Saraievo cando a biblioteca nacional foi bombardeada polas forzas que asediaban a cidade, destruindo así textos de gran valor para o acervo cultural e a memoria colectiva desa comunidade. Durante ese bombardeo moitas persoas expuseron a súa vida para tratar de manter a salvo a maior cantidade de libros e documentos posibles, ata o punto de que algunhas delas faleceron no intento baixo as balas dos francotiradores. Para conmemorar ese feito, e dende o ano 1997, cada 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca.

Nesta ocasión, nunha xornada especial, recibiremos a visita dun grupo de persoas do Centro de Día Saraiva que se achegarán as nosas instalacións de Padre Amoedo nº1 (Edificio Arquivo) para coñecer de primeira man os fondos bibliográficos que xestionamos.

A biblioteca da Deputación centra os seus esforzos especialmente na recompilación, proceso técnico e difusión de toda aquela bibliografía relacionada coa provincia de Pontevedra, en xeral, e cada un dos seus concellos, en particular. A bibliografía provincial representa o 50% dun fondo, “Galicia”, que na actualidade conta con cerca de 20.000 monografías e que se completa coas coleccións das principais publicacións periódicas que estudan os diferentes aspectos da nosa comunidade.

Estes fondos, así como todos aqueles xestionados polo Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación (arquivísticos, cartográficos, audiovisuais), están á disposición de todos os cidadáns nas instalacións da rúa Padre Amoedo, n.º 1, xa sexa na modalidade de préstamo a domicilio ou de consulta en sala.

Queremos desexar a todos os nosos usuarios un feliz Día da Biblioteca e recordarlles que poden seguir as novidades que se van incorporando aos nosos fondos dándose de alta na alerta bibliográfica

FELIZ DÍA DA BIBLIOTECA!!!!



BUSCAR NAS NOVAS
NOVEMBRO 2019
LMMXVSD
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930
 HOXE 

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 24/10/2019 13:12
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/