[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 25 DE MAIO DE 2020
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Arquivo Deputación Provincial
Patrimonio Documental Provincial
Patrimonio Bibliográfico
Biblioteca
Hemeroteca
Cartoteca
Audiovisuais
Editorial

 

Máis de 1.500 expedientes ou agrupacións documentais consultadas no 2019 no Arquivo da Deputación

605 usuarios internos e externos fixeron uso dos servizos ofrecidos



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Patrimonio Documental e Bibliográfico

10 FEBREIRO 2020


O obxecto final dos traballos arquivísticos é por a disposición do público e da propia Institución a información contida nos documentos custodiados no propio Arquivo. Neste senso, tal e como recolle a Memoria do Arquivo correspondente ao 2019, podemos distinguir dous grandes grupos de usuarios:

Usuarios internos.

Son aqueles que pertencen aos diferentes serivicos e oficinas da propia Deputación, que inclúe a información, en calquera fórmula, ou o préstamo directo de todo documento orixinal. A continuación podemos observar as diferentes vías de consulta e o número de usuarios.

Consulta presencial 11

Consulta correo electrónico 181

Consulta telefónica 65

TOTAL 257

Estes usuarios realizaron a consulta de 795 expedientes documentais e lles foron servidas en prestamo un total de 130 unidades de instalación ou expedientes.

Usuarios externos

Os servizos externos poden ser subdivididos en:

-Servizos a outras administracións públicas, mediante consulta, copias e certificacións, daqueles documentos que lles sexan necesarios para o

desenvolvemento das súas funcións recoñecidas por lei. Tamén a comunicación dos datos contidos no arquivo que necesiten por motivos históricos, científicos ou culturais.

-Servizo aos cidadáns, desde a premisa de que inicialmente os cidadáns poden consultar calquera documento, excepto aqueles que conteñan datos de acceso restrinxido pola lei.

Inicialmente pode consultarse directamente ou obter informes, copias, certificacións e compulsas de todo documento de libre acceso, salvo que se prexudicara de forma sensible a conservación do documento, ou que entorpeza o normal desenvolvemento do servizo.

- Servizo aos investigadores, co fin de contribuír e fomentar a investigación histórica tanto da provincia de Pontevedra coma das diferentes entidades locais que a forman, estimulando especialmente o uso e consulta dos fondos documentais, sen limite temporal e co uso dos medios de información e reprografía dispoñibles.ía de consulta Nº de usuarios

As consultas externas de carácter presencial foron 160

As consultas externas de por correo electrónico forn 136

As consultas externas telefónicas 52

TOTAL 348

Estes usuarios externos realizaron a consulta de 515 expedientes e 40 caixas, solicitándose un total de nove informes.



BUSCAR NAS NOVAS
MAIO 2020
LMMXVSD
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
 HOXE 

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 14/02/2020 13:37
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/