[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 6 DE ABRIL DE 2020
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Arquivo Deputación Provincial
Patrimonio Documental Provincial
Patrimonio Bibliográfico
Biblioteca
Hemeroteca
Cartoteca
Audiovisuais
Editorial

 

O traballo dende o domicilio implántase con éxito e eficacia no Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Patrimonio Documental e Bibliográfico

17 MARZO 2020


A totalidade dos traballadores do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación veñen desenvolvendo a súa actividade diaria nun proceso de teletraballo, eficazmente implementado pola Institución, que garante a continuidade dos procesos técnicos que se poden acometer dende os respectivos domicilios.

A existencia de modernas e efectivas ferramentas, tanto para o patrimonio documental (AtoM) como bibliográfico (Koha) que permiten o acceso en remoto, xunto coa existencia da infraestrutura informática necesaria e a vontade dos propios traballadores, fai posible a día de hoxe continuar a desenvolver con certo ritmo procesos de creación e mellora de descrición documentais e catalogacións bibliográficas, especialmente orientadas a o aumento dos rexistros ofrecidos para a súa consulta “online”.

Polo que atinxe ao Arquivo da Deputación, este supera xa, fisicamente, as 44.000 unidades de instalación e conta con 25 fondos e coleccións distintas, descritas nunha base de datos (AtoM) con 214.956 rexistros, dos que son públicos xa a dia de hoxe 137.020 (131.536 xa se ven en atopo e o resto están de camiño).

Deles son accesibles 81.864 rexistros con imaxes dixitais, a práctica totalidade dos fondos dixitalizados polo de agora, que supoñen varios millóns de imaxes que poden se visibles a través do portal AtoPo, xunto cos do resto das institucións achegantes e as Bibliotecas da Deputación e do Museo,

Á par do traballo nos noso fondos seguimos a colaborar na posta en valor da información dos arquivos municipais, que supoñen en AtoM case que 2.000.000 de rexistros que aportan información doutros tantos expedientes ou agrupacións documentais.

A dia de hoxe xa se pode consultar a totalidade dos fondos da Sección 1-GOBERNO, que inclúe os documentos producidos polos órganos unipersoais, colexiados e cargos públicos, entre outros. Atopo amosa preto de 500.000 rexistros dos diferentes arquivos municipais. E deles 300.000 aproximadamente con obxectos dixitais asociados.

Ademais xa se completaron na práctica totalidade os de Mondariz-Balneario e a Guarda e estase a traballar de foran intensa nos casos de Redondela, Bueu e Sanxenxo, nun proceso que culminará coa posta en público de toda a información, atendendo unicamente as limitacións derivadas da lexislación que regula o acceso a información, recollidas na oportuna Instrución ditada dende a Presidencia desta Deputación



BUSCAR NAS NOVAS
ABRIL 2020
LMMXVSD
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930
 HOXE 

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 24/03/2020 17:30
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/