O Arquivo da Deputación custodia o fondo da Casa de Porto-Briallos
DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Patrimonio Documental e Bibliográfico 24 MARZO 2020
Ë este un grupo documental de orixe privado, familiar, que abrangue documentación entre 1516 e 1894, supoñen sete unidades de instalación e cáseque seiscentos (599) documentos ou agrupacións documentais, con abundantes testemuñas do S.XVI e XVII.
Os seus documentos teñen na súa totalidade un bo estado de conservación e o seu contido está relacionado coas actividades dos antepasados da Familia Porto, que tiña a súa casa matriz na parroquia de Briallos, no actual concello de Portas.
Os documentos deste fondo considerado como un fondo pechado, sen posibilidade de máis previsión foron adquiridos no ano 1996, mediante compra ao anticuario Severo Pardo, e gozaba xa daquela dunha moi coidada organización.
Polo interese que suscita a súa riqueza documental, para o estudo histórico de Galicia desde a Idade Media ata o século XIX, e a estreita relación co territorio da provincia de Pontevedra, en especial co territorio do actual concello de Portas e a súa contorna.
A documentación achega importante información de carácter xenealóxico e económico; testamentos, vinculacións, dotes, partillas, documentos de pertenza e cobros de rendas, organizados por parroquias, a meirande parte pertencentes a provincia de Pontevedra, aínda que se conta con documentos do partido de Betanzos, na provincia da Coruña.
Foi dixitalixado na súa totalidade e podes consúltalo en AtoPo
Outros enlaces de interese para información sobre este fondo en Arquivos.depo.gal.
Un exemplo de documento relacionado con obxecto dixital disponible "Venda de Alonso do Porto e María do Porto a favor de Cristobal do Porto da herdade da Chouciña"Documento
|