[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 6 DE XULLO DE 2020
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Arquivo Deputación Provincial
Patrimonio Documental Provincial
Patrimonio Bibliográfico
Biblioteca
Hemeroteca
Cartoteca
Audiovisuais
Editorial

 

A camelia na produción editorial da Deputación de Pontevedra



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Patrimonio Documental e Bibliográfico

30 ABRIL 2020


Todos os anos, por esta época, a Deputación organiza diferentes actos de exaltación desta delicada e fermosa flor que xa se asocia definitivamente aos nosos xardíns e que agora está no seu momento máis florido e lucido.

Un antigo relato mitolóxico xaponés conta a historia da nosa prezada “flor das Rías Baixas”, que na súa orixe recibiu o nome de Tsubaki ou rosa do Xapón. Sabiades que as flores do Tsubaki non esfollan coma outras flores? Caen enteiras das pólas ao morrer, en lembranza das mozas e fermosas princesas entregadas durante séculos á crueldade do dragón.

Esta lenda ben podería estar detrás dunha das obras máis sobranceiras da literatura francesa de mediados do século XIX, La dame aux camélias, de Alexandre Dumas.

Así mesmo, as camelias simbolizan en El amor en los tiempos del cólera o afastamento amoroso e o amor preciosista, como queda exemplificado no parágrafo no que Fermina, para rexeitar a proposta de matrimonio, devolve a camelia.

En referencias moito más próximas, Álvaro Cunqueiro, en 1965, xa escribía o artigo Memoria, viaje y elogio de la camelia.

Tampouco A esmorga é allea á beleza desta flor, á que lle dá un pequeno papel.

A Editorial inclúe no seu catálogo moitas e variadas publicacións sobre esta fermosa flor, desde os artigos e traballos de investigación botánica ata a súa faceta máis artística, pasando por publicacións didácticas para as cativas e cativos amantes da camelia.

Enlaces a algunas obras editadas:

Xardíns históricos de Pontevedra. Un paseo por 20 xardíns singulares da provincia

La camelia

La camelia en la colección de la Diputación de Pontevedra

Galicia e a súa flor

La camelia oxidada

Coñecendo a camelia



BUSCAR NAS NOVAS
XULLO 2020
LMMXVSD
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031
 HOXE 

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 30/04/2020 11:55
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/