[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 25 DE MAIO DE 2020
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Arquivo Deputación Provincial
Patrimonio Documental Provincial
Patrimonio Bibliográfico
Biblioteca
Hemeroteca
Cartoteca
Audiovisuais
Editorial

 

O Arquivo ofréceche o Servizo Nacional de Inspección e Asesoramento das Corporacións Locais



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Patrimonio Documental e Bibliográfico

06 MAIO 2020


Este fondo abrangue desde 1834 a 1985, cun volume de cento cincuenta e cinco unidades de instalación e oitocentas dezasete agrupacións documentais. Conta con documentos diferidos da función de control e tutela dos concellos, exercida pola xefatura política desde 1835, pero tamén inclúe documentación derivada do Servizo Nacional de Inspección e Asesoramento das Corporacións Locais, creado pola Lei de bases do 17 de xullo de 1945 e desenvolvido mediante decreto en decembro de 1950, dentro da Dirección Xeral da Administración Local do Ministerio da Gobernación. Esta dirección nomeaba un persoal funcionario con habilitación de carácter nacional dotado para exercer funcións inspectoras.

No que atinxe ao ámbito competencial, o seu precedente é a Sección Provincial de Administración Local, dependente da Delegación de Facenda. En Pontevedra este servizo creouse en 1959 e, aínda que normalmente era un servizo que se distribuía por provincias, no Arquivo dispoñemos de documentación relativa á inspección das catro provincias galegas e tamén de zonas limítrofes coma León ou Oviedo, cunha amplitude cronolóxica que chega ata 1978. Tamén se conservan os extractos de acordos municipais remitidos polos concellos entre os anos 1979 e 1985, derivados da súa función de control en período preautonómico.

É un fondo pechado, de orixe pública, con bo estado de conservación en xeral, remitido ao Arquivo mediante transferencia. Resulta de grande interese para estudos sobre temática local, pois no seu caldo de cultivo temos: acordos, visitas de inspección, queixas, reclamacións contra actuacións dos concellos e mesmo orzamentos carcerarios. A organización pivota sobre dúas seccións: a de administración, que inclúe o libro de rexistro de entrada e saída de documentos e correspondencia; e a de actividades, que contén as series de consultas e informes, acordos municipais e visitas de inspección.

Máis información deste fondo no noso portal web Atopo

Outro enlace de interese para información é a nosa web arquivos.depo.gal

Algúns exemplos do que podemos atopar:

Extractos de acordos municipais do Concello das Neves

Normas para a expurgación de documentos remitidos pola xefatura provincial do Servizo de Inspección e Asesoramento das Corporacións Locais



BUSCAR NAS NOVAS
MAIO 2020
LMMXVSD
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
 HOXE 

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 08/05/2020 10:49
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/