[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 25 DE MAIO DE 2020
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Arquivo Deputación Provincial
Patrimonio Documental Provincial
Patrimonio Bibliográfico
Biblioteca
Hemeroteca
Cartoteca
Audiovisuais
Editorial

 

O mar a dar sal e a facenda señorial a aumentar

Colección documental Salinas de Vilaboa



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Patrimonio Documental e Bibliográfico

08 MAIO 2020


Documentación relacionada coas salinas do Ulló, localizadas no concello de Vilaboa, nun fermoso enclave de enorme valor natural que se agocha na parte interior e norte da ría de Vigo. Trátase dunha colección documental que abrangue desde 1714 ata o 2013 e que ocupa dúas unidades de instalación, con corenta e unha agrupacións documentais.

Desde tempos inmemoriais o sal foi un ben fundamental para a conservación e o transporte dos alimentos, de aí as numerosas pegadas, xa da época romana, que atopamos ao longo de toda a costa galega de explotacións deste prezado produto. O seu comercio foi regulado no medievo.

A comezos do século XVII xorde a iniciativa de recuperar as salinas do val do Ulló, unha das máis antigas das Rías Baixas. Así pois, Antonio Mosquera Villar y Pimentel e súa dona Antonia Pimentel de Sotomayor inician a súa recuperación.

Cara a finais deste século, entre 1693 e 1694, as persoas descendentes desta familia cedéronlle as salinas e os seus terreos anexos á Compañía de Xesús, recentemente instalada en Pontevedra.

A partir de aquí os xesuítas serían os encargados de desenvolver e comerciar o sal, que acadou unha grande importancia nos anos seguintes.

A finais do século XIX neste lugar constrúese un dos poucos muíños de mareas existentes en Galicia, cun funcionamento que se baseaba no aproveitamento das correntes do fondo da ría para xerar forza hidráulica.

A uns poucos metros de distancia das salinas pódense observar hoxe en día as dependencias da vella granxa do Ulló, en estado ruinoso, absorbidas pola natureza, así como importantes edificacións de José Nazario de Arana, en decadencia, que noutrora, ao igual que a documentación, foron testemuñas dunha fervente actividade comercial.

En marzo de 2013 José Manuel García Ogando, funcionario desta Deputación, entregoulle ao Arquivo os documentos en depósito temporal, para a súa consulta, catalogación e dixitalización, de maneira que, unha vez rematado todo este proceso, a documentación orixinal foi retirada polos titulares desta para a súa custodia e conservación.

O fondo está organizado arredor de dúas seccións: documentos de carácter patrimonial, con series relativas a administración e transmisión da propiedade, e documentos de carácter xurídico.c

Supón unha relevante fonte de información para o coñecemento e estudo do funcionamento e das instalacións de salinas en Galicia.

Máis información deste fondo no noso portal web Atopo

Algúns exemplos do que podemos atopar:

Preito entre o Colexio da Compañía de Xesús de Pontevedra e a veciñanza da freguesía de San Martiño de Vilaboa, 1727-1728

"Preito entre o Colexio da Compañía de Xesús de Pontevedra e a veciñanza da freguesía de San Martiño de Vilaboa, 1727-1728



BUSCAR NAS NOVAS
MAIO 2020
LMMXVSD
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
 HOXE 

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 19/05/2020 18:59
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/