[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 14 DE AGOSTO DE 2020
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Arquivo Deputación Provincial
Patrimonio Documental Provincial
Patrimonio Bibliográfico
Biblioteca
Hemeroteca
Cartoteca
Audiovisuais
Editorial

 

Unha xanela aberta á xurisdición de Trasdeza

Arquivo Pazo de Sestelo



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Patrimonio Documental e Bibliográfico

20 MAIO 2020


A colección documental Pazo de Sestelo, a pesar de non estar actualmente nas dependencias do Arquivo da Deputación, foi un dos diversos fondos organizados polo persoal técnico do Servizo de Patrimonio Documental.

Desta casa señorial cómpre dicir que data do século XVI e está situada no lugar de Sestelo, na parroquia de Siador, no concello pontevedrés de Silleda. Coñecida tamén como casa de Sestelo, é propiedade da familia Rivas.

Un dos seus membros, Francisco María Rivas Taboada, foi o impulsor e benfeitor do santuario da Virxe da Saleta, situado en Siador. Na actualidade o seu tataraneto Roberto Rivas Martínez continúa con este labor.

Os Baamonde e os Ocampo aparecen no escudo de armas, mentres que os Pimentel quedaron reflectidos nunha inscrición na capela do pazo, dedicada á Virxe do Socorro.

O fondo documental abrangue un marco cronolóxico que vai desde 1598 ata 1831 e que ocupa corenta unidades de instalación con doce mil setecentos trinta documentos.

Contén protocolos notariais de entre os séculos XVI e XIX, de dezanove escribáns, maioritariamente da xurisdición de Trasdeza, con algún da xurisdición de Vilanova de Arousa, debidamente identificados. Estes protocolos recollen documentos de carácter xurídico entre particulares e da vida da propia xurisdición, feito que supón o antecedente dos concellos de Chapa e Silleda e tamén da comarca de Deza.

Esta documentación representa unha gran riqueza informativa, ademais de ter un valor extraordinario para o coñecemento da realidade cotiá, social, económica e cultural da área xeográfica referida durante a Idade Moderna e o Antigo Réxime.

Roberto Rivas é o propietario desta fonte de coñecemento para a historia local da antiga xurisdición de Trasdeza, do concello de Silleda e arredores.

A documentación, que en xeral presenta un bo estado de conservación, foi organizada arredor dunha sección denominada protocolos notariais, que engloba dezanove series correspondentes aos dezanove notarios que interviñeron nos protocolos.

Non dispoñemos fisicamente da documentación nin tampouco está dixitalizada, pero si temos as descricións, que poden axudar a orientar as persoas investigadoras interesadas, coa referencia das unidades de instalación onde se localizan.

Información sobre este fondo no programa Atom do Arquivo e noso portal web Atopo



BUSCAR NAS NOVAS
AGOSTO 2020
LMMXVSD
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31
 HOXE 

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 22/05/2020 13:12
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/