[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 14 DE AGOSTO DE 2020
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Arquivo Deputación Provincial
Patrimonio Documental Provincial
Patrimonio Bibliográfico
Biblioteca
Hemeroteca
Cartoteca
Audiovisuais
Editorial

 

Reanudación da atención presencial na Biblioteca da Deputación



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Patrimonio Documental e Bibliográfico

31 MAIO 2020


Desde a biblioteca da Deputación desexamos de corazón que tanto vostedes como os seus seres queridos estean a levar da mellor maneira posible as circunstancias tan problémáticas que nos rodean como consecuencia da pandemia de Covid-19 e que no seu momento obrigaron a suspender todo tipo de actividade de carácter presencial.

Igualmente, queremos trasladar o noso agradecemento pola extraordinaria paciencia e comprensión amosada ante unhas circunstancias tan excepcionais.

O motivo desta mensaxe é o de comunicarlles a reanudación da atención presencial na biblioteca a partir do luns 1 de xuño.

Non obstante (e co obxectivo prioritario de garantir a saúde tanto das persoas usuarias como do persoal traballador evitando posibles contaxios) esa actividade presencial terá unha serie de restricións e condicionamentos tanto no que respecta á forma de acceso como aos servizos ofrecidos:

Condicións de acceso

- Será obrigatoria a desinfección das mans cos xeles dispostos en diferentes puntos do edificio e o uso de máscara.

- A atención realizarase de forma individualizada e, salvo casos excepcionais, mediante sistema de cita previa a través do correo electrónico biblioteca@depo.gal (deben indicar a data e hora á que vaian a acudir e recibirán confirmación de dispoñibilidade), do teléfono directo 886201020 ou, no seu caso, da aplicación informática disposta a tal efecto. En caso de acudir sen cita só poderán acceder á biblioteca se nese momento se desen as condicións adecuadas para esa atención individualizada

Préstamos/Devolucións

- O horario para préstamos e devolucións será de 9:00 a 14:00 e sempre tendo en conta o disposto anteriormente ao respecto da cita previa. No caso das devolucións de préstamos actualmente activos no momento da reapertura o persoal da biblioteca establecerá contacto con vostedes para concertar unha cita.

- O préstamo será baixo demanda, sen acceso directo aos fondos (as obras serán solicitadas polos usuarios e proporcionadas polo persoal da biblioteca)

- Unha vez devoltos, os materiais quedarán temporalmente inhabilitados para o préstamo (corentena) por un período de 14 días, transcorridos os cales volverán ser postos en circulación.

Servizo de Sala

- Terá un horario de 09:00 a 14:00 e limitación de aforo, cos postos dispoñibles perfectamente delimitados.

- Este servizo queda exclusivamente restrinxido á consulta puntual de fondos propios da biblioteca que polas súas particulares características non poidan ser prestados a domicilio e por tanto exclúese polo de agora o uso da sala para tarefas de estudo ou calquera outra actividade diferente da anteriormente exposta.

- Ó finalizar cada consulta, o posto será debidamente desinfectado polo persoal da biblioteca

- Igualmente, inhabilítase o acceso directo aos fondos dos andeis da sala

as esixencias impredecibles polo descoñecemento do comportamento do Covid-19 poderán facer variar estas decisións, de maneira que estas novas directrices internas se flexibilizarán ou reforzarán segundo a evolución da propia pandemia, a concienciación e responsabilidade a nivel de individuo e sociedade e as disposicións e protocolos que, con carácter xeral, adopte a institución provincial.

En calquera caso, no momento que as circunstancias fagan decaer todas estas medidas agora implementadas serán vostedes oportunamente informados.

Agradecendo novamente a súa colaboración e paciencia, reciban un cordial saúdo.



BUSCAR NAS NOVAS
AGOSTO 2020
LMMXVSD
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31
 HOXE 

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 02/06/2020 08:15
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/