[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 30 DE OUTUBRO DE 2020
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Arquivo Deputación Provincial
Patrimonio Documental Provincial
Patrimonio Bibliográfico
Biblioteca
Hemeroteca
Cartoteca
Audiovisuais
Editorial

 

O portal atopo.depo.gal achega os seus contidos a cada vez máis usuarios



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Patrimonio Documental e Bibliográfico

31 MAIO 2020


Coincidindo coa Semana Internacional dos Arquivos queremos facer públicos os datos do informe sobre o uso do portal atopo.depo.gal/ , no periodo que coincide co peche da actividade presencial no Arquivo e Bibliotecas da Deputación e, polo tanto, co confinamento obrigado da cidadanía.

Estes datos amosan un exponencial crecemento do número de usuarios e do número de visitas dos mesmos e confortanos saber que precisamente nestes momentos fumos máis que nunca vehículo de información para administracións e administrados, acompañantes de investigación ou simplemente acompañantes no ocio .

O informe Analitys para o período de 01/02/2020 a 25/05/2020 sinala a existencia de 3.146 usuarios distintos, dos que 3.009 accedian por vez primeira ao portal de descubrimento do patrimonio documental e bibliográfico.

Un dato que amosa as claras o éxito do enorme traballo desenvolto polos traballadores do arquivo nesta etapa de peche presencial en aras da mellora da información e da difusión dos fondos que custodian. Ademais este dato ven avalado por outro non menos interesante que revela que o 20% dos usuarios repiten a súa consulta en días diferentes.

Outros cifras extrapolables fálannos de 15 páxinas de media vistas en cada sesión dun usuario; da duración media das consultas en 10 minutos e medio; dunha media de 2,25 sesións por cada un dos usuarios que utilizaron un total de 7.063 sesiósn para visualizar un total de 105.665 páxinas.

A gráfica de uso descríbenos nha media próxima as cincocentas consultas diarias en febreiro e primeiros días de marzo, con certos dentes de serra contínuos, que sube exponencialmente con picos que chegan ata os 180/190 usuarios diarios na segunda quincena de abril e primeira de maio.

Sabedores da enorme potencialidade dos nosos contidos, especialemente no ámeto provincial ou local, esta cifras serven para reafirmarnos no verdadeiro sentido do noso traballo que vai máis aládo puntual recoñecemento e supón unha continuada aportación en aras da información, da transparencia, da cultura e da investigación.



BUSCAR NAS NOVAS
OUTUBRO 2020
LMMXVSD
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031
 HOXE 

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 03/06/2020 07:45
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/