[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 25 DE NOVEMBRO DE 2020
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Arquivo Deputación Provincial
Patrimonio Documental Provincial
Patrimonio Bibliográfico
Biblioteca
Hemeroteca
Cartoteca
Audiovisuais
Editorial

 

24 de Outubro, Día da Biblioteca



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Patrimonio Documental e Bibliográfico

24 OUTUBRO 2020


pie de foto

Como todos os anos, este sábado 24 de outubro conmemórase o Día Internacional da Biblioteca creado para homenaxear tanto ao persoal profesional como ás institucións bibliotecarias en xeral e para difundir un servizo público de proximidade á cidadanía que facilite o acceso ao coñecemento.

A orixe desta efeméride atopámola no ano 1992, cando a biblioteca nacional de Sarajevo foi bombardeada polas forzas que asediaban a cidade, destruíndo así textos de gran valor para o acervo cultural e a memoria colectiva desa comunidade. Durante ese bombardeo moitas persoas expuxeron a súa vida para tratar de manter a salvo a maior cantidade de libros posible, ata o punto de que algunhas delas faleceron no intento baixo as balas dos francotiradores. Para conmemorar ese espírito de prevalencia das fontes do coñecemento, e dende o ano 1997, instituíuse o 24 de outubro como Día da Biblioteca.

Para sumarse á celebración desta efeméride o Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación vén de agasallar cun lote de libros a unha representación das persoas usuarias da biblioteca. Concretamente, un dos lotes foi para a persoa que máis exemplares retirou no servizo de préstamo durante o último ano e os outros tres sorteáronse entre o resto de prestameiras e prestameiros que fixeron uso do servizo durante ese período.

Os lotes, que foron entregados pola deputada María Ortega, inclúen títulos da produción da Editorial da Deputación como Breve historia de Cambados, Cartografías subterráneas: V Obradoiro Internacional de tradución poética en San Simón, Aves do río Gafos, A Nosa Señora do Refuxio a Divina Peregrina, A conversa expansiva: VII Obradoiro Internacional de tradución poética en San Simón, A nenez galega a través dos anteollos de Castelao , As Neves: extinción ou Intraterra.

A biblioteca da Deputación, que conta con preto duns 20.000 volumes, é unha biblioteca especializada de acceso público destinada a complementar o labor de conservación e difusión desenvolvido polo Arquivo e cuxo obxectivo fundamental é o de reunir, conservar e difundir unha colección o máis ampla e representativa posible de fontes de información bibliográfica referentes á provincia de Pontevedra e ós seus diferentes concellos.

De aí a composición dos seus fondos, que nunha porcentaxe maioritaria fan referencia a Galicia en xeral e á provincia de Pontevedra en particular, aínda que tamén conta con outro tipo de materiais, como unha pequena cantidade de monografías de carácter xeral ou traballos de investigación presentados aos diferentes certames auspiciados pola institución provincial.

Entre as actuacións máis recentes, e como novidade, o Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico vén de poñer a disposición da cidadanía 464 números da publicación Heraldo Guardés, fundado por José Darse Sobrino, cos que conta na súa colección (do 1 de xaneiro de 1910 ao 28 de decembro de 1918).

Estes fondos bibliográficos, así como todos aqueles xestionados polo Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación (arquivísticos, cartográficos, audiovisuais) están á disposición de toda a cidadanía nas instalacións da rúa Padre Amoedo, n.º 1, nas súas diferentes modalidades de acceso (préstamo a domicilio ou consulta en sala).

No momento actual, debido ás complicadas circunstancias motivadas da pandemia Covid-19 lévase a cabo unha adecuada atención presencial mediante solicitude de cita previa a través do correo biblioteca@depo.gal.

Na actualidade a biblioteca ten dadas de alta 972 persoas usuarias, rexistrando no último ano a cantidade de 1007 préstamos a domicilio e 796 consultas en sala. A dispoñibilidade dos fondos pódese consultar a través do portal web AtoPO no que ademáis de ao catálogo de rexistros bibliográficos é posible acceder directamente a unha parte dos fondos dixitalizados.

Por último, lembramos que é posible estar ao tanto das novidades bibliográficas subscribíndose ao noso boletín neste enlace.

BUSCAR NAS NOVAS
NOVEMBRO 2020
LMMXVSD
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30
 HOXE 

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 26/10/2020 08:18
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/