[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 13 DE MAIO DE 2021
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Arquivo Deputación Provincial
Patrimonio Documental Provincial
Patrimonio Bibliográfico
Biblioteca
Hemeroteca
Cartoteca
Audiovisuais
Editorial

 

O SPDB asume o custo polos préstamos das bibliotecas municipais



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Patrimonio Documental e Bibliográfico

10 MARZO 2021


A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, ven de facer fronte á remuneración por préstamo público correspondente ás bibliotecas municipais da provincia.

Dita remuneración é unha medida vixente en toda a Unión Europea que ten como finalidade a de compensar economicamente ás persoas autoras por determinados préstamos das súas obras que se realizan nas bibliotecas e que en España está especificamente regulada mediante o Real Decreto 624/2014, de dereito de remuneración por préstamo en bibliotecas e o texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual, concretamente no seu artigo 37, cuxa recente modificación implica directamente ás Deputacións na remuneración correspondente a aqueles préstamos realizados a partir do día 3 de marzo de 2019 .

Los museos, archivos, bibliotecas, hemerotecas, fonotecas o filmotecas de titularidad pública o que pertenezcan a entidades de interés general de carácter cultural, científico o educativo sin ánimo de lucro, o a instituciones docentes integradas en el sistema educativo español, no precisarán autorización de los titulares de derechos por los préstamos que realicen.

Los titulares de estos establecimientos remunerarán a los autores por los préstamos que realicen de sus obras en la cuantía que se determine mediante Real Decreto. La remuneración se hará efectiva a través de las entidades de gestión de los derechos de propiedad intelectual.

Cuando los titulares de los establecimientos sean los Municipios, la remuneración será satisfecha por las Diputaciones Provinciales. Allí donde no existen, la remuneración será satisfecha por la Administración que asume sus funciones.

Quedan eximidos de la obligación de remuneración los establecimientos de titularidad pública que presten servicio en municipios de menos de 5.000 habitantes, así como las bibliotecas de las instituciones docentes integradas en el sistema educativo español.

Co obxecto de poder remitir á entidade de xestión de dereitos os datos correspondentes aos préstamos realizados nas bibliotecas de titularidade municipal de máis de 5000 habitantes, o Servizo de Patrimonio Documental e Bibliógráfico habilitou unha dirección de correo específico na que, previa solicitude ás correspondentes alcaldías, as diferentes bibliotecas podían deixar os datos que, analizados en conxunto, deron o seguinte resultado:

Número de préstamos (Período: 03/03/2019-31/12/2019)

Libros: 151.385

Audiovisuais: 17.284

Sonoros: 682

Publicacións periódicas: 786

TOTAL: 170.137

Número de persoas prestatarias: 19.538



BUSCAR NAS NOVAS
MAIO 2021
LMMXVSD
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31
 HOXE 

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 18/03/2021 09:16
Copyright © 2002-2021, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/