[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 13 DE MAIO DE 2021
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Arquivo Deputación Provincial
Patrimonio Documental Provincial
Patrimonio Bibliográfico
Biblioteca
Hemeroteca
Cartoteca
Audiovisuais
Editorial

 

Dispoñible en liña o Boletín Oficial de la Provincia de Vigo



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Patrimonio Documental e Bibliográfico

17 MARZO 2021


O Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación ven de incorporar ao metabuscador Atopo a colección do Boletín Oficial de la Provincia de Vigo (1840).

Publicado dúas veces por semana (mércores e sábados) xunto a outros 5 boletíns extraordinarios e con carácter puramente oficial (edictos, ordes, comunicados), o Boletín foi impreso en Vigo polo coruñés Sebastián Iguereta entre o 21 de outubro de 1840 (número 1) e o 18 de novembro de 1840 (número 9).

Cesa a súa actividade ao dispor o goberno que a capitalidade da provincia continuase en Pontevedra.

Os orixinais consérvanse no arquivo municipal de Vigo e a súa consulta en liña é agora posible a través da seguinte ligazón.



BUSCAR NAS NOVAS
MAIO 2021
LMMXVSD
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31
 HOXE 

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 18/03/2021 09:39
Copyright © 2002-2021, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/