[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 17 DE XULLO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Novas do Plan Estratéxico
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Novas do Plan Estratéxico
Axenda

NOVAS DO PLAN ESTRATÉXICO 

Outes Ruso, Leiceaga, Vilariño, Carlos Suárez e Argimiro Rojo, entre outros, serán os responsables de áreas temáticas do Plan Estratéxico Provincial

O equipo redactor xa entrevistou a un alto número de representantes dos gobernos e oposición dos concellos



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Plan Estratéxico Provincial 2010

12 XULLO 2004


O equipo redactor do Plan Estratéxico Provincial remitiu 218 enquisas ós alcaldes e representantes da oposición dos concellos da provincia, realizou xa 30 entrevistas persoais con algúns deles e ten concertadas nos vindeiros días outras 45. O equipo destacou, nunha xuntanza mantida no Pazo Provincial coa comisión de seguimento do Plan, a alta participación dos concellos da provincia nesta fase inicial de elaboración do proxecto. O presidente provincial, Rafael Louzán, anunciou hoxe o nome dalgúns dos responsables das diferentes áreas temáticas. Son eles Xan Leiceaga, Pérez Vilariño, Outes Ruso, Carlos Suárez e Argimiro Rojo, entre outros pendentes de confirmar.

Leiceaga encargarase da área temática da Mobilidade que ten como reto neutralizar déficits históricos e como horizonte implantar un novo modelo que reúna os requisitos de sostible, eficiente e estendido por todo o territorio. Da análise do territorio, encargarase o catedrático Xosé Pérez Vilariño, director do Seminario de Estudios Carlos Velasco e do análise económico-empresarial da provincia, o tamén catedrático da Universidade de Vigo, Outes Ruso. A área temática de Xestión Pública será responsabilidade do catedrático de Ciencias Sociais, Argimiro Rojo e a de Innovación e Sociedade do Coñecemento, Carlos Suárez.

Noutras áreas, como Turismo, Medio Ambiente e Desenvolvemento Social e Calidade de Vida estanse ultimando os contactos con expertos do eido académico da provincia, vencellados á Universidade de Vigo.

O Plan Estratéxico Provincial divídese en catro etapas de planificación (Descrición e diagnóstico; formulación estratéxica; deseño normativo; e técnica operacional) que permitirán, no seu conxunto, establecer os obxectivos principias que marquen as liñas estratéxicas para renovar a Administración Provincial e axeita-la ás necesidades e desafíos do futuro. Na súa elaboración participan axentes sociais, institucións e cidadáns.

Nesta primeira fase, o equipo redactor traballa cós concellos para determinar liñas de actuación prioritarias para os vindeiros anos, coñecer as oportunidades e freos ós que se enfronta a provincia e para analizar tanto os servicios como as liñas que deben centrar a actuación futura da Deputación.

O equipo redactor estima que a primeiros de setembro concluirá a tarefa de entrevistar e tódolos responsables municipais, do goberno e da oposición, tendo en conta que xa participou un 25% deles. A fase de diagnóstico previse que conclúa a primeiros do outono e complétase cunha análise sobre indicadores e un rigoroso estudio realizado por expertos da Universidade de Vigo, na súa maior parte, nas diferentes áreas temáticas.





INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 30/11/2004 11:20
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/