[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 19 DE NOVEMBRO DE 2018 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Novas do Plan Estratéxico
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Novas do Plan Estratéxico
Axenda

NOVAS DO PLAN ESTRATÉXICO 

Representantes dos gobernos e da oposición dos concellos da provincia e 2.500 cidadáns participan nas enquisas do Plan Estratéxico Provincial

En outubro rematará a fase de Diagnóstico e na primavera será presentado o documento final

Os xefes de servizo da Deputación de Pontevedra
participan na elaboración do Plan Estratéxico
Provincial que está a redactar Caixanova


DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Plan Estratéxico Provincial 2010

07 SETEMBRO 2004


O equipo redactor do Plan Estratéxico da Deputación de Pontevedra, composto por profesionais da Escola de Negocios para as Administracións Públicas de Caixanova, presentou hoxe as primeiras liñas de traballo que se están a levar a cabo para a elaboración deste documento que, en palabras de Adolfo Neira e Fernando Martínez Valdueza, director do Plan, e segundo as directrices do presidente da Deputación, será un documento para a adaptación da institución provincial ás novas necesidades de futuro.

Ata o de agora, o equipo do Plan entrevistouse coa práctica totalidade dos alcaldes e líderes da oposición dos 62 concellos da provincia e, nestas datas, remite 2.500 enquisas a cidadáns da provincia elexidos pola representatividade social, política, económica, de idade, nivel de estudos, etc. En outubro, será presentada esta fase de diagnóstico do Plan do que o equipo redactor prevé a súa presentación final na primavera do 2005.

Na reunión de hoxe cos xefes de servizo, Neira e Martínez artellaron a súa exposición en dúas partes: por unha banda cómo xurdíu o proxecto, cáles son os seus compromisos e orientacións xerais e, doutra banda, expuxeron o enfoque e a metodoloxía que están a seguir para redactar o proxecto.

Polo que se refire á orixe da iniciativa, os dous relatores insistiron en que parte do mesmo discurso de investidura de Rafael Louzán e que esa vontade política “correspóndese cun liderado claro para que este documento sexa unha ferramenta para modernizar a Deputación, achegala ós municipios e ós cidadáns e non quede só nun texto para as bibliotecas”.


LIÑAS E OBXECTIVOS

Tamén apuntaron Neira e Martínez as características e obxectivos que recollerán o plan, desde o liderado da Deputación, sen ambigüidades, ata a importancia da participación municipal na planificación, pasando pola necesidade de contemplar perspectivas supramunicipais e supraprovinciais, a integración dos Plans Estratéxicos de Vigo e Pontevedra e a participación universitaria como exercicio de responsabilidade e enriquecemento técnico.

No que respecta á elaboración do proxecto, o plan de traballo está articulado en catro fases: descrición e diagnóstico, formulación estratéxica, deseño normativo e elaboración final dun documento con aspectos operativos que permitan a súa aplicación.


FASES DE TRABALLO

Actualmente se está a traballar na fase de diagnóstico mediante grupos de escoita que están a traballar con técnicos e persoal da Deputación e, sobre todo, tomando nota das percepcións nos concellos da provincia a través dunhas enquisas que se lles están realizando a todos os grupos de goberno e da oposición en todas as corporacións municipais da provincia.

Esta enquisa inclúe tres bloques principais: cáles son os problemas; valoración e posición global na provincia e relación entre concello e institución provincial. O diagnóstico rematarase este verán e o equipo redactor prevé que o Plan estea finalizado na primaveira do ano que vén.

Esta fase do traballo complétase coa análise de indicadores doutros plans estratéxicos tanto na provincia como en Galicia.


NOVE ÁREAS DE ACTIVIDADE

As seguintes liñas de actuación serán unha análise do entorno xeral que lle será encargado a expertos universitarios da Universidade de Vigo –o Pleno da Deputación acordou que a Universidade tivese un papel activo na redacción do plan- e a creación de mesas sectoriais para definir as liñas de traballo concretas. Deste xeito, os expertos realizarán a diagnose de nove novas áreas de actividade que van dende o territorial ata a mobilidade ou a imaxe turística e daráselle voz a representantes dos principais sectores económicos da provincia para que apunten as súas percepcións.

Finalmente, os redactores do Plan Estratéxico da Deputación de Pontevedra apuntaron que o documento resultante será o reflexo dunha vontade de acción, no que se terán en conta o novo escenario que está a xurdir para as administracións locais e as competencias que a normativa vixente reserva ás deputacións: fomentar a cooperación, o desenvolvemento económico e social e a planificación territorial dos municipios da provincia.



INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 30/11/2004 11:27
Copyright © 2002-2018, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/