[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 16 DE XULLO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Novas do Plan Estratéxico
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Novas do Plan Estratéxico
Axenda

NOVAS DO PLAN ESTRATÉXICO 

Profesionais de recoñecido prestixio analizarán oito áreas de actividade da provincia dentro da fase de diagnose do Plan Estratéxico

Son Amancio Landín, Outes Ruso, Xan Leiceaga, Pérez Vilariño, Argimiro Rojo, José Luis Veira, Carles Cantó e Carlos Suárez



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Plan Estratéxico Provincial 2010

17 SETEMBRO 2004


A Deputación de Pontevedra e o equipo redactor do Plan Estratéxico Provincial 2010 acaban de seleccionar a nove expertos de recoñecido prestixio profesional que serán os encargados de elaborar diagnósticos do Plan Estratéxico nas oito áreas de Medio Ambiente, Innovación, Sociedade do Coñecemento, Mobilidade, Poboación, Territorio e Vivenda, Xestión Pública, Análise Económica e Empresarial, Desenvolvemento Social e Calidade de Vida, e, finalmente, Imaxe Territorial e Turismo. Os expertos seleccionados, pertencen case na súa totalidade ó ámbito docente das tres universidades galegas, cunha importante presencia de Universidade de Vigo.

As áreas de traballo e os profesionais designados son as seguintes: en Medio Ambiente, Amancio Landín, director xerente do Centro Tecnolóxico do Mar de Vigo e ex Conselleiro de Pesca; en Innovación e Sociedade, Carlos Suárez Rei, xerente de EDISA; Xoán Leiceaga Baltar, catedrático da Universidade de Vigo e Esteban López Figueroa, mestre na Universidade de Vigo, que serán os encargados da área de Mobilidade; José Pérez Vilariño, Catedrático de Socioloxía da Universidade de Santiago e director técnico do Seminario Carlos Velasco, que realizará o estudio de Poboación, Territorio e Vivenda; Argimiro Rojo Salgado, Catedrático de Ciencias Sociais na Universidade de Vigo, que realizará o estudio de Xestión Pública; Xosé Luis Outes Ruso, Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, que traballará na área económica e empresarial; José Luis Veira, Catedrático de Socioloxía da Universidad da Coruña, que traballará no eido do Desenvolvemento Social e Calidade de Vida; e, finalmente, Carles Cantó, director de Consultoría para España IMG Worl, que será o encargado de estudiar a Imaxe Territorial e o Turismo.

Segundo as previsións do equipo redactor do Plan Estratéxico Provincial 2010 esta fase de diagnose quedará rematada a principios do outono e dará como froito unha profunda análise sobre aspectos tan relevantes para Pontevedra como a conxuntura económica, temas educativos, I+D e outros. O documento resultante será o reflexo dunha vontade de acción, no que se terán en conta o novo escenario que está a xurdir para as administracións locais e as competencias que a normativa vixente reserva ás deputacións: fomentar a cooperación, o desenvolvemento económico e social e a planificación territorial dos municipios da provincia.



INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 30/11/2004 11:29
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/