[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 22 DE ABRIL DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Novas do Plan Estratéxico
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Novas do Plan Estratéxico
Axenda

NOVAS DO PLAN ESTRATÉXICO 

Xosé Luís Outes destaca que o reto económico da provincia de Pontevedra é o de abandonar o obxectivo 1 da Unión Europea

Sinalou que os seus índices de crecemento son superiores á media galega



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Plan Estratéxico Provincial 2010

14 OUTUBRO 2004


O profesor Xosé Luís Outes expuxo onte a súa análise económica redactada para a elaboración do Plan Estratéxico Provincial de Pontevedra perante responsables empresariais, sindicais e técnicos na primeira mesa sectorial que se reúne na programación deseñada para a formulación estratéxica da provincia de Pontevedra, encargada á Escuela para las Administraciones Públicas de Caixanova.

Xosé Luís Outes, catedrático de economía Aplicada na Universidade de Vigo, incidiu en que o principal reto para a provincia de Pontevedra é o de abandonar os indicadores que a converten en obxectivo 1 da Unión Europa.

Deste xeito, a súa análise recolle que Pontevedra é unha área económica moi dinámica con índices de crecemento superiores á media galega no que se refire a Producto Interior Bruto, Valor Engadido Bruto a prezos de mercado, Valor Engadido Bruto do sector privado e outros.

Así, Outes salienta que a consecuencia da “forte expansión iniciada en 1994, a economía da provincia de Pontevedra inicia un proceso de converxencia respecto ó conxunto de Galicia e de España, ó reducir distancias a renda bruta per cápita durante o período 1995 – 2001 en 1, 53 puntos porcentuais e 3,2 puntos respecto á renda dispoñible en Galicia”

Asemade, o profesor Outes sinala un núcleo forte da economía pontevedresa composto polo sector do automóbil, industria naval e outras industrias, “que se representaba o 17,3 por cento do Valor Engadido Bruto da provincia de Pontevedra (en Vigo e na súa área o 23,7 por cento) pasou ó 22,56 por cento en 2000 (31,56 por cento en Vigo e na súa área).

Nembargantes, o redactor da análise económica entende que o motor económico da provincia –que sitúa na área metropolitana de Vigo e nas comarcas de Pontevedra, o Salnés e o Morrazo- “non tira das outras comarcas da provincia, de xeito que se producen desigualdades e disfuncionalidades territoriais que haberá que afrontar con toda seriedade”.

Deste xeito, ademais das desigualdades demográficas –as catro comarcas antes citadas abranguen o 80 por cento da poboación provincial- tamén son visibles as diferencias en canto á renda per cápita e á dotación de servizos.

Sobre este aspecto, Outes manifesta que “hai que recompoñer o que hoxe coñecemos de aquí a 35 anos vista, de xeito que se superen os colos de botella que hoxe existen” e fala da escasa intermodalidade territorial como unha das causas de estes desequilibrios. “As conexións entre os centros de producción, entre os distintos núcleos de poboación e dentro dos propios núcleos, entre o aeroporto e o ferrocarril, entre as autopistas e o ferrocarril son insuficientes ou inexistentes.

Xosé Luís Outes tirou a modo de conclusións que o panorama para a provincia de Pontevedra “é alentador se se manexan os instrumentos axeitados, hoxe en día, a política económica é a política rexional e é preciso afrontar unha innovación tecnolóxica, o aumento dos investimentos estranxeiros, a formación de capital humano cualificado e, dun xeito estratéxico o mapa das comunicacións”.

A mesa sectorial que debateu onte o documento redactado polo profesor Outes estivo composta polo presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, José Manuel Fernández Alvariño; a economista de UXT Galicia Mar Alfonsín Madrigal; Maica Bouzas Seoane, do gabinete económico de CC OO Galicia; o secretario comarcal da CIG en Pontevedra, Rafael Iglesias García; o tesoureiro da Cámara de Comercio de Pontevedra, Francisco Moldes; a directora xerente do Instituto de Comercio Exterior de Galicia, Dolores Loureda Mantiñán; o delegado da Consellería de Asuntos Sociais en Pontevedra, Joaquín Macías; a directora do IGAPE, Margarita Rodríguez Rama; a responsable do programa Eures Transfronterizo, Teresa González Ventín; o director de Vasco Gallega de Consignaciones, Juan Martínez Domínguez. Completarán esta mesa dous funcionarios da Deputación: o director do ORAL, Jesús Fernández Chao, e a técnica de Emprego da institución provincial, Marta Iglesias Bueno.





INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 30/11/2004 11:34
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/