[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 22 DE ABRIL DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Novas do Plan Estratéxico
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Novas do Plan Estratéxico
Axenda

NOVAS DO PLAN ESTRATÉXICO 

Doce expertos, baixo a dirección de Carles Cantó, participan mañá na mesa sectorial de turismo do Plan Estratéxico Provincial



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Plan Estratéxico Provincial 2010

18 OUTUBRO 2004


Doce expertos en Turismo participarán mañá, martes, na Mesa sectorial de Turismo, que dirixe Carles Cantó, para o Plan Estratéxico Provincial. O acto estará precedido por unha rolda de prensa con Cantó, ás 16,30, no Palacete das Mendoza. Carles Cantó é director da división de Consultoría da multinacional IMG que desenvolveu proxectos de turismo e ocio en España, Portugal, Barbados, Bermuda, Estados Unidos, Austria ou Gran Bretaña, entre outros países.

Os participantes na Mesa sectorial, que tén por obxeto realizar o diagnóstico da situación do turismo en Pontevedra e formular as diversas propostas de mellora, serán os alcaldes de Baiona e Sanxenxo, Luis Carlos de la Peña e Telmo Martín, respectivamente; o director xerente de Turgalicia, Pedro Capó; o presidente da asociación provincial de axencias de viaxe, José A. Espada Barros; o presidente da Federación Provincial de Hostelería, Carlos Rodríguez Cerdeira; o xerente do campo de golf de Meis, Alfonso Ozores; o xerente do Ifevi, Rubén López; a concelleira de Vigo, Lucía Molares; o xerente do Pazo de Bendoiro, Siro González; o xerente de Turismo Rías Baixas, Octavio Rodríguez; o director do Museo de Pontevedra, Carlos Valle; e a xefa do servicio da Delegación de Cultura, Angeles Herrero.


2,6 MILLÓNS DE PERNOCTACIÓNS Ó ANO

Según os estudios-base que se debatirán na Mesa Sectorial, Pontevedra é a provincia máis importante de Galicia pois tivo no 2003 o 44,6% das pernoctacións habidas, o que supón máis de 2,6 millóns de pernoctacións.

Outro dos datos que recolle o citado estudio indica que a procedencia dos turistas de Pontevedra en verán son de Madrid, o norte de España, sobre todo Castilla-León e Asturias, e Cataluña. A porcentaxe de turismo estranxeiro é moi reducida. O estudio revela que o turista que acude a Pontevedra utiliza pouco os servicios das axencias para organizar a súa viaxe: só un 23%.





INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 30/11/2004 11:34
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/