[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 19 DE NOVEMBRO DE 2018 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Novas do Plan Estratéxico
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Novas do Plan Estratéxico
Axenda

NOVAS DO PLAN ESTRATÉXICO 

O Pazo provincial acolle mañá a presentación do resultado da enquisa de alcaldes e cidadáns realizada no seo do Plan Estratéxico



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Plan Estratéxico Provincial 2010

04 ABRIL 2005


O Salón de Plenos do Pazo Provincial acollerá mañá, ás 13 horas, a presentación da enquisa de cidadáns e alcaldes elaborada no seo do Plan Estratéxico 2010. Esta presentación correrá a cargo do equipo redactor que forma parte da Escola para as Administracións Públicas Caixanova así como do presidente da Deputación, Rafael Louzán. Tamén están invitados todos os alcaldes da provincia de Pontevedra.

As enquisas telefónicas foron realizadas en 1.649 fogares da provincia, a todos os alcaldes así coma ós representantes da primeira e da segunda forza da oposición en cada un dos municipios de Pontevedra. Sobre este respecto cabe salientar que esta fórmula de inquéritos constitúe unha novidade posto nunca se abordaron enquisas de ámbito provincial sobre aspectos de interese estratéxico relacionados coa propia provincia, coa Deputación e cos concellos.

O Plan Estratéxico constitúe unha iniciativa que a Deputación de Pontevedra puxo en marcha co obxectivo de buscar unha maior eficacia na prestación de servicios municipais e supramunicipais; promover un modelo de desenvolvemento territorial, social e económico sostible da provincia; e, finalmente, adaptar as atribucións da Deputación ós escenarios actuais.

Segundo as previsións do equipo redactor do Plan Estratéxico Provincial 2010 estes estudios darán como froito unha profunda análise sobre aspectos tan relevantes para Pontevedra como a conxuntura económica, temas educativos, I + D e outros. O documento resultante será o reflexo dunha vontade de acción, no que se terán en conta o novo escenario que está a xurdir para as administracións locais e as competencias que a normativa vixente reserva ás deputacións: fomentar a cooperación, o desenvolvemento económico e social e a planificación territorial dos municipios da provincia.



INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 05/04/2005 16:09
Copyright © 2002-2018, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/