[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
DOMINGO, 22 DE OUTUBRO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Familia Caamaño



Licenza dada por don Juan Varela Mariño
a certos mareantes para pescar no río
e no estanque da Casa de Goiáns
10 de xuño de 1659
 
[Prema (click) para ampliar a imaxe]


1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.GA.36038.ADPO.10.
1.2. Título FAMILIA CAAMAÑO
1.3. Datas 1411–1895
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 138 unidades de instalación con 3.574 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Familia Caamaño (S.XIV-S.XIX)
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
A liñaxe dos Caamaño arranca na casa troncal de Noia, segundo o padre Crespo, con noticias coñecidas dende mediados do século XII. A primeira separación importante prodúcese con D. Álvaro de Caamaño, fundador da casa de Romelle no actual concello de Zas, á que corresponde a maior parte deste fondo. Posteriormente incorpórase a casa de Goiáns, os sucesores da cal crearán a casa de Ferrol, tendo algúns deles vínculos coa Armada. A partir do tronco inicial xorden as casas de Vista Alegre e Rubiáns co marquesado de Vilagarcía, acumulados por Don Álvaro de Mendoza, que será obxecto dun longo preito pola súa posesión. O morgado de Nebra foi fundado en 1524 e vai ter como agregados os de Noal, Baroña, Queiruga, Oleiros, Ribasieira e Caamaño. Por último, os Caamaño entroncan coa familia Pardo herdando o condado de Maceda xa no século XIX.
2.3. Historia arquivística O anticuario de Vigo D. Severo Pardo vendeuno a Deputación Provincial de Pontevedra en 1983. A súa organización, baixo a dirección técnica de Miguel Pereira Figeroa, correspondeu aos técnicos do Arquivo César Manuel López Marras, María Eugenia Valenzuela Senn, Inés Pájao Porral, Maria José fernández Ayuso e María del Carmen Pereira Pazos. Nunha fase posterior foi descrito polo miúdo, completándose a totalidade dos documentos, por María de los Ángeles Vázquez Martínez. Finalmente foi dixitalizada esta documentación dentro do porxecto eDepo. "Dixitalización de fontes documentais, gráficas, sonoras e audiovisuais da Deputación de Pontevedra e os concellos da provinci
2.4. Forma de ingreso Compra


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido Moi interesante non só para a investigación xenealóxica senón tamén pola abundante información sobre a historia económica, a transmisión da propiedade e a administración do patrimonio no ámbito xeral de Galicia pois abarca as catro provincias. A documentación relativa a preitos é importantísima pola amplitude cronolóxica e refírese basicamente a cuestións patrimoniais e á sucesión de morgados e vínculos, das cales a máis importante é a que produce o marquesado de Vilagarcía entre os séculos XVIII e XIX. Comprende documentación de varias casas e familias que por agregación converxen na familia Caamaño.
3.2. Valoración, selección e eliminación Non se realizou ningún tipo de expurgo. Conservación total polo carácter testimonial e informativo, e para o estudio histórico de Galicia desde a Idade Media hasta o século XIX.
3.3. Novos ingresos Considerado un arquivo pechado.
3.4. Organización Tentouse organizar a documentación por casas e familias pero ao non ser posible pola dispersión que presentaba o fondo realizouse por series documentais considerando as diferentes familias como unha soa co seguinte cadro de clasificación:
1. DOCUMENTOS XENEALÓXICOS E HERÁLDICOS
- Xenealoxía / Árbores< BR>- Probas de nobreza
2. DOCUMENTOS DE CARÁCTER PATRIMONIAL
- TRANSMISIÓN DA PROPIEDADE
- Foros
- Vendas
- Permutas
- Doazóns e cesións
- Desembargos
- Arrendamentos
- Dotes
- Adquisicións
- Capitulacións
- ADMINISTRACIÓN DA PROPIEDADE
- Inventarios de bens
- Cobros de rendas / Contas
- Obras e reparacións
- Pesca
3. DOCUMENTOS DE CARÁCTER SEÑORIAL
- Nomeamentos de cargos
- Beneficios
- Fundacións
- Morgados
- Bulas
- Títulos
4. DOCUMENTOS DE CARÁCTER XURÍDICO
- Preitos
- Poderes
5. OFICINA DA CASA. ARQUIVO
- Correspondencia-
Índices documentais
- Certificacións eclesiásticas
6. OUTRA DOCUMENTACIÓN
-Asuntos militares
- Varios


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso O acceso é libre, coas restriccións impostas na lexislación estatal e autonómica, é dicir, os documentos que conteñen datos persoais ou que afecten á intimidade das persoas.
4.2. Condición de reprodución A reproducción está limitada polas condicións de conservación.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos A maior parte dos documentos utilizan o castelán, excepto algúns en latín, francés e galego.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
Estado de conservación da documentación: bastante deteriorada
4.5. Instrumentos de descrición Base de datos en ATOM cun total de 3.664 rexistros.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais A documentación é toda orixinal.
5.2. Existencia e localización de copias Descoñécense a existencia de copias noutros arquivos.
5.3. Unidades de descrición relacionadas No Arquivo do Reino de Galicia na Coruña custódiase o arquivo da familia Caamaño y Lamas, adquirido por compra en 1988 e cunha etapa cronolóxica que abrangue de 1687 a 1730. Na Fundación Penzol de Vigo e na biblioteca de Vilagarcía consérvase documentación relativa ó marquesado de Vilagarcía.
5.4. Nota de publicacións Non se coñece


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Descrición realizada polo persoal técnico do Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra e colaboradores, baixo a dirección do arquiveiro Miguel A. Pereira Figueroa.
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G). Norma Galega de Descrición Arquivística (NOGADA).
7.3. Data da descripción Setembro de 2016

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 12/09/2016 09:00
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/