[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 17 DE AGOSTO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Xunta Provincial de Ordenación Económico-Social



Enquisa remitida pola Xunta Provincial de Ordenación Económico-Social sobre necesidades urbanas dos municipios. Estado do municipio do Grove
3 de xuño de 1947
 
[Prema (click) para ampliar a imaxe]


1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.GA.36038.ADPO.4.
1.2. Título XUNTA PROVINCIAL DE ORDENACIÓN ECONÓMICO - SOCIAL
1.3. Datas 1941-1961
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 15 unidades de instalación con 346 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade.


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor XUNTA PROVINCIAL DE ORDENACIÓN ECONÓMICO - SOCIAL
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
Por Decreto de 21 de xaneiro de 1946 creouse a Secretaría General para a Ordenación Económico-Social dependente da Presidencia do Goberno como órgano permanente de coordinación dos distintos departamentos ministeriais para elaborar un plan quinquenal que fomentase a xustiza social marcada polo Réxime. Esta xunta provincial constituíuse o 18 de marzo de 1946. Estaba presidida polo gobernador civil e integrada por un amplo número de vocais como o presidente da Deputación, o xefe provincial de Sanidade, o gobernador militar, o arcipreste do Morrazo, o alcalde da capital e outros responsables do fomento xeral desta provincia. Deixou de funcionar no ano 1960.
2.3. Historia arquivística Esta documentación sempre estivo nas oficinas da Deputación porque os traballo administrativos levábaos persoal desta institución, do actual servizo de Cooperación. A súa organización, baixo a dirección técnica de Miguel Pereira Figeroa, correspondeu aos técnicos do Arquivo César Manuel López Marras e María Eugenia Valenzuela Senn.
2.4. Forma de ingreso Por transferencia.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido É unha interesante documentación para estudiar as necesidades básicas dos municipios que se traduce documentalmente en enquisas, estatísticas e correspondencia que reflicten as carencias destes anos da posguerra na provincia. Achegan información sobre poboación, infraestructuras e fundamentalmente sobre o paro obreiro.
3.2. Valoración, selección e eliminación A documentación pasou o proceso selectivo nas propias oficinas, previo o envío o arquivo, non realizándose ningún expurgo. Conservación total polo carácter testimonial e informativo de dito organísmo, e para o estudio social e económico dos distintos concellos da provincia.
3.3. Novos ingresos Fondo pechado.
3.4. Organización O seu cadro de clasificación estructúrase en dúas seccións.
1. ADMINISTRACIÓN (1946/1959)
- 1.1. Libro de actas da Xunta Provincial de Ordenación Económica - Social (1946/1950)
- 1.2. Libro rexistro de entrada e saída de correspondencia (1946/1952)
- 1.3. Correspondencia (1946/1959)
- 1.4. Nóminas de funcionarios (1948)

2. ACTUACIÓNS EN CONCELLOS (1941/1961)
- 2.1. Informacións municipais 1941/1961


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso O acceso é libre, coas restriccións impostas na lexislación estatal e autonómica, é dicir, os documentos que conteñen datos persoais ou que afecten á intimidade das persoas.
4.2. Condición de reprodución A reproducción está limitada polas condicións de conservación.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Uso preferente do castelán na totalidade do fondo documental.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
Estado de conservación da documentación: bo.
4.5. Instrumentos de descrición Base de datos en ATOM, cun total de 117 rexistros.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo.
5.2. Existencia e localización de copias Nos fondos documentais das diversas administracións implicadas nos trámites administrativos.
5.3. Unidades de descrición relacionadas Compleméntase coa documentación da subsección de Cooperación.
No Arquivo Xeral da Administración de Alcalá de Henares, no Arquivo Histórico Provincial, e nos Arquivos Municipais.
5.4. Nota de publicacións -Fariña Jamardo, X., Pereira Figueroa, M. A.: A Deputación de Pontevedra: 1836-1996 .- Pontevedra: Deputación Provincial, 1986. ISBN 84-505-3674-X


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Descrición realizada polo persoal técnico do Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra e colaboradores, baixo a dirección do arquiveiro Miguel A. Pereira Figueroa.
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G). Norma Galega de Descrición Arquivística (NOGADA).
7.3. Data da descripción Setembro de 2016

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 09/09/2016 12:30
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/