[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 18 DE DECEMBRO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Xunta de Axuda a Municipios



Fonte e lavadoiro cuberto para 10 prazas no lugar de Arufe,
parroquia de Cela, concello de Mos.
Ano de 1952
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.GA.36038.ADPO.6.
1.2. Título XUNTA DE AXUDA A MUNICIPIOS
1.3. Datas 1945-1965
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 99 unidades de instalación con 2.284 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade.


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor XUNTA DE AXUDA A MUNICIPIOS
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
Depende organicamente da Dirección General de Regiones Devastadas do Ministerio de Gobernación. Presidida polo gobernador civil e tendo representación doutros moitos organismos, como a Deputación, o Movemento Nacional, a Delegación de Hacienda, e delegacións de diversos ministerios. Nace para posibilitar a realización de obras e proxectos nos pequenos concellos da provincia. Descoñécese a data exacta da súa desaparición como xunta independente dentro da Obra Social del Movimiento. O seu labor foi asumido polo Servizo de Cooperación da Deputación. En xaneiro de 1938 créase a Dirección Xeral de Rexións Devastadas e Reparacións dependente do Ministerio da Gobernación, co obxectivo de orientar, facilitar e en moitos casos reconstruir directamente os danos causados pola Guerra Civil. Dúas disposicións de 1939 marcan a pauta da súa actuación: a concesión de determinados dereitos aos propietarios que reedifiquen os seus inmobles conforme ás normas establecidas. As obras na maior parte dos casos realízanse directamente polos servizos da Dirección, empregando ás veces man de obra da comarca e outras recursos sometidos ao Padroádego de Redención de Penas polo Traballo. O Decreto de 26 de abril de 1957 (BOE e 14 de maio) establece o organigrama do Ministerio da Vivenda, que asume a través da súa Dirección Xeral de Aquitectura, Economía e Técnica da Construción, a extinguida Dirección Xeral de Rexións Devastadas.
2.3. Historia arquivística Pola súa finalidade de apoio ós concellos, identifícase co que será o Servizo de Cooperación da Deputación e, incluso, coincidiu varios anos con él. A súa organización, baixo a dirección técnica de Miguel Pereira Figeroa, correspondeu aos técnicos do Arquivo César Manuel López Marras e María Eugenia Valenzuela Senn.
2.4. Forma de ingreso Por transferencia desde o servizo de Cooperación da Deputación que levaba a tramitación administrativa desta Junta.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido Información relativa ás obras realizadas nos diversos concellos; pero o máis interesante deste fondo son as fotografías conservadas nos expedientes, que nos deixan constancia de pontes, lavadoiros, fontes, casas dos concellos, camiños e centros rurais de hixiene.
3.2. Valoración, selección e eliminación Non se realizou ningún expurgo. Conservación total polo carácter testimonial e informativo de dito organísmo, e para o estudio da realidade social desta época histórica, especialmente no que se refire ós pequenos municipios.
3.3. Novos ingresos Fondo pechado.
3.4. Organización
Organízase en dúas seccións:
1.XUNTA DE AXUDA A MUNICIPIOS (1945/1965) con 99 unidades de instalación e dúas series: Expedientes administrativos e Expedientes de obras por concellos
2. DIRECCIÓN XERAL DE REXIÓNS DEVASTADAS (1949/1958) con 9 unidades de instalacion e unha serie documental: Expedientes de subvencións


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso O acceso é libre, coas restriccións impostas na lexislación estatal e autonómica, é dicir, os documentos que conteñen datos persoais ou que afecten á intimidade das persoas.
4.2. Condición de reprodución A reproducción está limitada polas condicións de conservación.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Uso preferente do castelán na totalidade do fondo documental.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
4.5. Instrumentos de descrición Base de datos en ATOM cun total de 2.286 rexistros.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás aquela documentación derivada do proceso de colaboración con outras administracións.
5.3. Unidades de descrición relacionadas Arquivo Deputación, subsección de Cooperación.
No Arquivo Xeral da Administración de Alcalá de Henares, na sección do Ministerio de Gobernación.
No Arquivo Histórico Provincial.
Nos Arquivos Municipais.
5.4. Nota de publicacións -Fariña Jamardo, X., Pereira Figueroa, M. A.: A Deputación de Pontevedra: 1836-1996 .- Pontevedra: Deputación Provincial, 1986. ISBN 84-505-3674-X


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Descrición realizada polo persoal técnico do Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra e colaboradores, baixo a dirección do arquiveiro Miguel A. Pereira Figueroa.
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G). Norma Galega de Descrición Arquivística (NOGADA).
7.3. Data da descripción Setembro de 2016

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 09/09/2016 12:30
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/