[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 18 DE AGOSTO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Xunta Provincial de Electrificación



[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Caseta de posto de transformación: plantas, fronte de entrada e zócalos.
Proxecto base, 1955
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.GA.36038.ADPO.11.
1.2. Título XUNTA PROVINCIAL DE ELECTRIFICACIÓN
1.3. Datas 1954-1973
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 3 libros e 30 unidades de instalación con 387 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade.


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor XUNTA PROVINCIAL DE ELECTRIFICACIÓN
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
Esta Xunta foi creada por Decreto de 25 de xuño de 1954 para dotar de enerxía eléctrica a entidades que carecían dela. Tiña como presidente ó gobernador civil e como vicepresidente ó enxeñeiro xefe da Delegación de Industria. Os vogais permanentes eran o presidente da Deputación, o xefe do servizo de Cooperación da Deputación e os presidentes das cámaras agrarias, un representante das cámaras de comercio e de Industria, accidentalmente, os alcaldes e os directores de empresas eléctricas. O seu cometido era elaboraren un plan concreto de electrificación, propoñerlle ó Ministerio de Industria as actuacións, emitir informes técnicos ou tramitar as peticións de materiais eléctricos entre outras.
2.3. Historia arquivística Aínda que dependía organicamente do Goberno Civil, o feito de que o xefe do Servizo de Cooperación fose vogal da Xunta, foi decisivo para que a documentación sempre se conservara na Deputación. A súa organización, baixo a dirección técnica de Miguel Pereira Figeroa, correspondeu aos técnicos do Arquivo César Manuel López Marras e María Eugenia Valenzuela Senn.
2.4. Forma de ingreso Transferencia.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido Contén información sobre a paulatina electrificación da provincia.
3.2. Valoración, selección e eliminación Conservación total polo carácter testimonial e informativo, e para o estudio da realidade social desta época histórica, especialmente no que se refire ós pequenos municipios.
3.3. Novos ingresos Fondo pechado.
3.4. Organización O cadro de clasificación divídese en dúas seccións:
1. ADMINISTRACIÓN (1954/1960)
1.1. Libro de actas da Xunta Provincial de Electrificación (1956/1958)
1.2. Libro rexistro de entrada de documentos (1955/1957)
1.3. Libro de rexistro de saída de documentos da Xunta Provincial de Electrificación (1955/1960)
1.4. Correspondencia (1954/1960)

2. ELECTRIFICACIÓN (1955/1973)
2.1. Expedientes de electrificación (1955)


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso O acceso é libre, coas restriccións impostas na lexislación estatal e autonómica, é dicir, os documentos que conteñen datos persoais ou que afecten á intimidade das persoas.
4.2. Condición de reprodución A reproducción está limitada polas condicións de conservación.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Uso preferente do castelán na totalidade do fondo documental.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
Estado de conservación da documentación: bo.
4.5. Instrumentos de descrición Base de datos en ATOM cun total de 387 rexistros.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada do proceso de tramitación con outras administracións.
5.3. Unidades de descrición relacionadas Compleméntase coa propia documentación xerada polo Servizo de Cooperación.
Arquivo Xeral da Administración de Alcalá de Henares, na sección do Ministerio de Industria.
Arquivos municipais dos concellos da provincia.
5.4. Nota de publicacións -Fariña Jamardo, X., Pereira Figueroa, M. A.: A Deputación de Pontevedra: 1836-1996 .- Pontevedra: Deputación Provincial, 1986. ISBN 84-505-3674-X


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Descrición realizada polo persoal técnico do Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra e colaboradores, baixo a dirección do arquiveiro Miguel A. Pereira Figueroa.
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G). Norma Galega de Descrición Arquivística (NOGADA).
7.3. Data da descripción Setembro de 2016

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 09/09/2016 12:30
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/