[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 18 DE AGOSTO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Servizo Nacional de Inspección
e Asesoramento das Corporacións Locais



Solicitude de cédulas para eleccións presentada polo Alcalde de Pontevedra ó gobernador civil.
27 de marzo de 1871
 
[Prema (click) para ampliar a imaxe]


1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.GA.36038.ADPO.12.
1.2. Título SERVIZO NACIONAL DE INSPECCIÓN E ASESORAMENTO DAS CORPORACIÓNS LOCAIS
1.3. Datas 1834-1985
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 155 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade, con 810 expedientes ou agrupacións documentais


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor SERVIZO NACIONAL DE INSPECCIÓN E ASESORAMENTO DAS CORPORACIÓNS LOCAIS
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
Intégranse neste fondo documentos diferidos da función de control e tutela dos concellos, exercida polo xefe político dende 1835. Tamén se inclúe a documentación derivada do Servicio Nacional de Inspección y Asesoramiento de las Corporaciones Locales creado por la Ley de Bases de Régimen Local de 17 de julio de 1945 y articulado por Decreto de 16 de diciembre de 1950 ,dentro da Dirección General de Administración Local do Ministerio de la Gobernación, que nomeaba a uns funcionarios con habilitación de carácter nacional coas funcións inspectoras. A instalación en cada provincia pode producirse en datas diferentes. Su precedente en canto a ámbito competencial é a Sección Provincial de Administración Local, dependente da Delegación de Hacienda. En Pontevedra, tras unha inspección que puxo de manifesto o seu mal funcionamento, creouse en 1959. Distribúese normalmente por provincias pero neste arquivo aparece documentación relativa á inspección de todas as provincias galegas e tamén limítrofes coma León e Oviedo, debido a que están organizadas en delegacións rexionais. A súa amplitude cronolóxica abarca ata 1978. Derivada da función de control en período preautonómico, asumida nesta provincia polo secretario da propia Deputación, consérvanse os extractos de acordos municipais remitidos polos concellos entre os anos 1979 e 1985.
2.3. Historia arquivística O Servizo Nacional de Inspeción e Asesoramento das Corporacións Locais tivo a súa sede no Palacio Provincial e os servizos que remitiron a documentación o arquivo foron Secretaría Xeral, Asesoría Xurídica e Intervención. A súa organización, baixo a dirección técnica de Miguel Pereira Figeroa, correspondeu aos técnicos do Arquivo César Manuel López Marras, María Eugenia Valenzuela Senn, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo e José Luis Castro Carpintero.
2.4. Forma de ingreso Mediante transferencia.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido Documentación de gran interese para os estudios de temática local xa que recollen acordos, visitas de inspección, queixas, reclamacións contra actuacións dos concellos e incluso orzamentos carcerarios.
3.2. Valoración, selección e eliminación Non se realizaron expurgos.
Documentación de conservación permanente.
3.3. Novos ingresos Considerase un fondo pechado, sen posibilidade de novos ingresos.
3.4. Organización Presenta dúas grandes seccións:
1. ADMINISTRACIÓN (1961/1985) : con dúas series:
11. Libro rexistro entrada e saída correspondencia
1.2. Correspondencia

2. ACTIVIDADES (1834/1985) con tres series:
2.1. Consultas e informes
2.2. Acordos municipais
2.3. Visitas de inspección


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso O acceso é libre, coas restriccións impostas na lexislación estatal e autonómica, é dicir, os documentos que conteñen datos persoais ou que afecten á intimidade das persoas.
4.2. Condición de reprodución A reproducción está limitada polas condicións de conservación.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Uso preferente do castelán na maior parte do fondo documental, con documentación en galego.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
A documentación, toda en soporte papel, atópase en xeral en bo estado de conservación.
4.5. Instrumentos de descrición Base de datos en ATOM, cun total de 810 rexistros.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se coñece a existencia de documentación orixinal fora do arquivo.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada da tramitación con outras administracións.
5.3. Unidades de descrición relacionadas O fondos propios da Deputación.
Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra.
Arquivos Municipais.
5.4. Nota de publicacións -Fariña Jamardo, X., Pereira Figueroa, M. A.: A Deputación de Pontevedra: 1836-1996 .- Pontevedra: Deputación Provincial, 1986. ISBN 84-505-3674-X


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Descrición realizada polo persoal técnico do Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra e colaboradores, baixo a dirección do arquiveiro Miguel A. Pereira Figueroa.
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G). Norma Galega de Descrición Arquivística (NOGADA).
7.3. Data da descripción Setembro de 2016

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 09/09/2016 12:31
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/