[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 19 DE AGOSTO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Gota de Leite



Regulamento da institución Gota de Leite creada pola Deputación como anexo á Inclusa Provincial, co fin de corrixir a excesiva mortaldade infantil.
Ano 1931
 
[Prema (click) para ampliar a imaxe]


1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.GA.36038.ADPO.14.
1.2. Título GOTA DE LEITE
1.3. Datas 1931-1948
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 2 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade, con 5 expedientes ou agrupacións documentais


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor GOTA DE LEITE
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
Este organismo foi creado en agosto de 1931 con cargo ó orzamento da Deputación como anexo á Inclusa, coa que comparte instalacións. O seu obxectivo, de carácter benéfico- sanitario, é a prestación médica e o subministro de leite ós nenos de idade inferior ós catorce meses. O seu funcionamento comeza realmente no ano 1933 e dura ata 1934, data en que se decide a súa supresión polo escaso resultado obtido. Vólvese a abrir dous anos despois e en 1938 faise un convenio de cesión á Falange Española Tradicionalista y de las JONS, sección Auxilio Social, para manter aberta a institución e proporcionarlles leite ata os oito meses. Finalmente a Deputación convoca un concurso para a venda do material. Foi, por tanto, unha institución efémera, creada para evitar o alto risco de mortalidade infantil desta época.
2.3. Historia arquivística Custodiada polo Arquivo xunto á documentación propia da Inclusa e o Hospicio dende o seu inicio. A súa organización, baixo a dirección técnica de Miguel Pereira Figeroa, correspondeu aos técnicos do Arquivo Elena Garnelo Mariñas e César Manuel López Marras. Finalmente foi dixitalizada esta documentación dentro do porxecto eDepo. "Dixitalización de fontes documentais, gráficas, sonoras e audiovisuais da Deputación de Pontevedra e os concellos da provincia
2.4. Forma de ingreso Transferencia


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido Este escaso fondo contén basicamente información sobre a posta en funcionamento da institución e cuestións de contabilidade.
3.2. Valoración, selección e eliminación Non se practicaron expurgos. Conservación total polo carácter testimonial e informativo, e para os estudios sobre Pontevedra a nivel sanitario, estatísticos, etc.
3.3. Novos ingresos É un fondo pechado.
3.4. Organización O fondo documental da GOTA DE LEITE (1931/1937) contén dúas series documentais:
-1. Expedientes da Gota de Leite (1931/1934)
-2. Contabilidade da Gota de Leite (1932/1937)


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso O acceso é libre, coas restriccións impostas na lexislación estatal e autonómica, é dicir, os documentos que conteñen datos persoais ou que afecten á intimidade das persoas.
4.2. Condición de reprodución A reproducción está limitada polas condicións de conservación.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Todo o conxunto documental aparece en castelán.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
Estado de conservación da documentación: bo.
4.5. Instrumentos de descrición Base de datos en ATOM cun total de 5 rexistros.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se coñece a existencia de documentación orixinal fora do arquivo.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen.
5.3. Unidades de descrición relacionadas Ten relación co fondo especial nº 15 da Inclusa, e cos fondos propios da Deputación.
5.4. Nota de publicacións Fariña Jamardo, X., Pereira Figueroa, M. A.: A Deputación de Pontevedra: 1836-1996. ISBN 84-505-3674-X


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Descrición realizada polo persoal técnico do Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra e colaboradores, baixo a dirección do arquiveiro Miguel A. Pereira Figueroa.
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G). Norma Galega de Descrición Arquivística (NOGADA).
7.3. Data da descripción Setembro de 2016

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 09/09/2016 12:31
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/