[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 17 DE AGOSTO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Inclusa Provincial




 
[Prema (click) para ampliar a imaxe]


1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.GA.36038.ADPO.15.
1.2. Título INCLUSA PROVINCIAL
1.3. Datas 1773-1958
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 71 libros e 52 unidades de instalación con 2.949 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade.


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor INCLUSA PROVINCIAL.
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
A Inclusa de Pontevedra nace en 1872 para facerse cargo dos nenos abandonados. Antes da súa creación a Deputación patrocinaba o coidado dos nenos expósitos ingresados na Inclusa do Hospital de Santiago de Compostela dende 1865. A dirección e administración correspóndelles a unha xunta ou comisión, composta polo presidente da Deputación, unha directora, que era a presidenta da Asociación de Señoras da Casa Hospicio, e un interventor nomeado pola Deputación. A partir de 1878, debido a diversos problemas coa Xunta pola dimisión das señoras e da directora, a Inclusa, xunto co Hospicio, pasa a ser dirixida por unha Comisión de deputados formada polo presidente e catro vocais e administrada polas Irmás da Caridade; esta Comisión deixará de reunirse en 1925 pero a Inclusa segue funcionando ata 1955, ano no que se funde co Hospicio no Fogar Provincial.
Instalouse, nun primeiro momento, no convento de Santa Clara e foi trasladada en 1876 ó convento de Santo Domingo. En 1903 múdase de novo ó convento dos xesuítas onde permaneceu ata a súa desaparición.
2.3. Historia arquivística Pola súa vinculación coa Deputación e a súa función benéfica sempre estivo depositada baixo a súa custodia. A documentación foi incorporada ao Arquivo en transferencia irregular, xunto coa do Hospicio logo da creación de “Príncipe Felipe”. Foi organizada e descrita, baixo a dirección de Miguel A. Pereira Figueroa, por Elena Garnelo Mariñas, María Eugenia Valenzuela Senn e Elena Aguete Landín. Para revisión e descrición detallada deste fondo en 2013 contouse coa colaboración dos bolseiros: Magali Trillo González e José Manuel Fariña Jamardo
2.4. Forma de ingreso Transferencia.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido Ten un grande interese para o estudio da realidade social da infancia, para a busca de biografías familiares e para o estudio histórico e social da cidade de Pontevedra desde o ultimo tercio do século XIX e primeira metade do XX.
3.2. Valoración, selección e eliminación Non se practicaron expurgos. É unha documentación de conservación total.
3.3. Novos ingresos É un fondo pechado.
3.4. Organización Comprende tres seccións:
ES.GA.36038.ADPO.15. INCLUSA PROVINCIAL (1773/1958)

1. ADMINISTRACIÓN (1872/1955)
1.1. Libro de actas da Comisión da Inclusa (1878/1925)
1.2. Correspondencia (1872/1955)
1.3. Expedientes de patrimonio da Inclusa (1872/1946)
1.4. Libro rexistro de saída de documentos da Inclusa (1916/1946)
1.5. Libro rexistro de entrada de documentos da Inclusa (1915/1946)
1.6. Expedientes de obras (1878/1931)
1.7. Expedientes de persoal (1877/1916)
1.8. Regulamentos (1878)

2. ACTIVIDADE (1773/1958)
2.1. Expedientes de expósitos (1773/1958)
2.2. Expedientes de nodrizas (1872/1948)
2.3. Expedientes de adopcións (1937/1943)
2.4. Libro rexistro de ingresos na Inclusa (1872/1958
2.5. Libro rexistro de partidas de defunción (1880/1917)

3. CONTAS (1880/1917)
3.1. Contabilidade da Inclusa (1872/1951)


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Este fondo ten acceso limitado por conter información confidencial, aplicándose a lexislación vixente para poder acceder a él.
4.2. Condición de reprodución A reproducción está limitada polas condicións de consulta.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Todo o conxunto documental aparece en castelán.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
Estado de conservación da documentación: Bo.
4.5. Instrumentos de descrición Base de datos en ATOM cun total de 2.949 rexistros.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Este fondo contén documentos orixinais, descoñecéndose a existencia de outros documentos fora do arquivo.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen.
5.3. Unidades de descrición relacionadas Relacionase coa documentación do Fondo especial nº 16 Hospicio e o nº 14 Gota de Leche, e coa documentación dos fondos propios desta Deputación.
5.4. Nota de publicacións - Fariña Jamardo, X., Pereira Figueroa, M.A.:A Deputación de Pontevedra: 1836-1986. Pontevedra: Deputación Provincial, 1986. Páx. 363-370.
- Garnelo Mariñas, E.: La Inclusa Provincial de Pontevedra:1872-1894 En: Pontevedra: Revista de Estudios Provinciais num. 4, páx. 143-152.
- Rodríguez Martín, Ana Mª: Algúns aspectos relativos á Inclusa de Pontevedra: 1872-1903. En: Pontevedra: Revista de Estudios Provinciais num. 16, páx. 73-84.
- Rodríguez Martín, Ana Mª: La Inclusa de Pontevedra (1872-1903).
En: Pontevedra: Revista de Estudios Provinciais num. 19, páx. 179-204.


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Descrición realizada polo persoal técnico do Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra e colaboradores, baixo a dirección do arquiveiro Miguel A. Pereira Figueroa.
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G). Norma Galega de Descrición Arquivística (NOGADA).
7.3. Data da descripción Setembro de 2016

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 09/09/2016 12:31
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/