[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 27 DE XUÑO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Arquivo municipal de Cuntis


[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Arquivo municipal de Cuntis

Descriciòn FONDO. Norma ISAD (G)



1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.GA.36015.AMCUN.
1.2. Título Arquivo municipal de Cuntis
1.3. Datas 1824-2016
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 3.025 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Concello de Cuntis
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

O concello de Cuntis sitúase ó noroeste da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos da Estrada, Campo Lameiro, Moraña, Caldas de Reis e Valga.

Ocupa unha superficie superior ós setenta e nove quilómetros cadrados cun total de setenta e oito entidades de poboación dispersas nas súas oito parroquias: Arcos, Cequeril, Couselo, Cuntis, Estacas, Piñeiro, Portela e Troáns, nas que residen algo máis de seis mil habitantes.

Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían da xurisdicción de Baños na que o señorío correspondía ó arcebispo de Santiago.

No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio integrado no partido xudicial de Caldas de Reis, crearase no ano 1836, dentro da planificación definida para o antedito partido xudicial, o concello de Cuntis coas mesmas parroquias e disposición territorial que hoxe se mantén.

2.3. Historia arquivística

Dispóñense estes fondos na propia Casa do Concello, edificio moderno construído a finais da década dos setenta e principios dos oitenta, distribuído en baixo e dúas plantas e na que se concibe unha fachada principal na intersección de dúas rúas, eliminando o que sería a esquina da edificación. Recentemente acometeuse unha reforma interior que contemplou a redistribución do espacio ocupado polos diferentes servizos municipais.

Entre eles, ó arquivo municipal destinouse unha boa parte da segunda planta, en tres locias distintos, principalmente nunha sala cuadrangular de máis de sesenta e cinco metros cadrados, na que se procedeu á instalación de douscentos dezaseis metros lineais de estantes metálicos, así como de mesas de traballo consulta e ficheiro metálico para a disposición dos instrumentos de descrición. Xunto a ela outras súas pequenas salas, todas elas con suficientes condicións de iluminación natural e ventilación.

O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1988, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos, incluíndo a mellora do local, nos anos 1990, 1991, 1997, 1998, 1999, 2003, 2005, 2007, 2010, 2012 e 2016.

Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo:
Juan Carlos Carballal Lata
José Manuel Castaño García
José Luis Castro Carpintero
María del Carmen Fariña Fernández
Manuela González Rey
María Montserrat Maneiro Bermúdez
Lara María Moldes González
Francisco Orge Ventín
Inés Pájaro Porral
Alfonso Parada Vilas
Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo
Montserrat Romero Alonso
María Torres Hermida
Alfonso Ferreiro Monteagudo
Mercedes Estévez Ogando
Isabel Couso Bravo
Aída María Pérez Martínez
Alberto Aramburu García-Pintos
Olalla Barreiro Molano
Lucas Ferreirós Ruíz
María Sonia Novoa Novoa
Leticia García Otero
Sara Gajigal Faginas
María de los Ángeles Vázquez Martínez
Francisco Orge Ventín

2.4. Forma de ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido

Aínda que o volume documental ten certa entidade, son moitas as perdas documentais que se constatan unha vez rematado o proceso de organización e descrición da documentación. As eleccións non se conservan máis alá de 1906; as quintas dende 1891 ou os padróns de habitantes dende 1936. Incluso se perderon os libros de actas anteriores a 1855.

Destaca polo seu volume a documentación da sección Facenda, especialmente a referida ó presuposto ordinario, cunha notable continuidade dende 1870; ou as contribucións de rústica e urbana dende os anos 1860.

3.2. Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
3.3. Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.
3.4. Organización
CADRO DE CLASIFICACIÓN

1. GOBERNO

1.1. CONCELLO / PLENO
1.2. ALCALDE
1.3. COMISIÓN DE GOBERNO/ COMISIÓN PERMANENTE
1.4. COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS

2. ADMINISTRACIÓN

2.1. SECRETARÍA
2.2. REXISTRO
2.3. PATRIMONIO
2.4. PERSOAL
2.4.1. ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL
2.4.2. DISCIPLINA E CONTROL
2.4.3. CLASES PASIVAS/ SS / MUTUALIDADES
2.4.4. SELECCIÓN DE PERSOAL
2.4.5. REPRESENTACIÓN DO PERSOAL
2.5. SERVIZOS XURÍDICOS
2.6. CONTRATACIÓN
2.7. ARQUIVO

3. SERVIZOS

3.1. OBRAS E URBANISMO
3.1.1. PLANIFICACIÓN
3.1.2. PLANS DE OBRAS E SERVIZOS
3.1.3. OBRAS MUNICIPAIS
3.1.4. OBRAS PARTICULARES
3.1.5. INDUSTRIAS
3.2. SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS
3.3. ABASTECEMENTOS E CONSUMOS
3.3.1. ABASTOS E CONSUMOS
3.3.2. MATADOIRO
3.3.3. AUGA
3.3.4. OMIC
3.3.5. PÓSITO
3.4. TRANSPORTES
3.5. SEGURIDADE CIDADÁ
3.6. SANIDADE
3.7. BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL
3.8. EDUCACIÓN
3.9. CULTURA
3.10. DEPORTES
3.11. POBOACIÓN
3.12. QUINTAS E MILICIAS
3.13. ELECCIÓNS

4. FACENDA

4.1. INTERVENCIÓN
4.1.1. ASUNTOS XERAIS
4.1.2. PRESUPOSTOS ORDINARIOS
4.1.3. PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS
4.1.4. PRESUPOSTOS DE INVESTIMENTOS
4.2. FINANCIACIÓN E TRIBUTACIÓN
4.2.1. IMPOSTOS
4.2.2. TAXAS
4.3. TESOURERÍA
4.3.1. CAIXA
4.3.2. RECADACIÓN
4.3.3. CONTAS BANCARIAS


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
4.2. Condición de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
4.5. Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).
5.3. Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
5.4. Nota de publicacións *“Inventario arquivo do concello de Cuntis
Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 26
D.L. PO-416-00 ISBN: 84-8457-034-7
*"Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356.
"Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257
* Páxina web da Deputación de Pontevedra “depontevedra.es”


6. Área de notas
6.1. Notas Polas características propias da Institución, o Arquivo Municipal de Cuntis exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Servizo Técnico do Patrimonio Documental (STPDOC)
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G)
7.3. Data da descripción Decembro de 2016

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 23/06/2017 13:22
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/