[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 20 DE OUTUBRO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Arquivo municipal de Redondela


[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Arquivo municipal de Redondela

Descrición FONDO. Norma ISAD (G)



1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.GA.36045.AMRED.
1.2. Título Arquivo municipal de Redondela
1.3. Datas 1848-2016
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 8.072 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Concello de Redondela
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

O territorio do concello de Redondela sitúase no oeste da provincia de Pontevedra, a carón da ría de Vigo; linda cos concellos de Soutomaior, Pazos de Borbén, Mos e Vigo.

Ocupa unha superficie superior ós cincuenta e dous quilómetros cadrados, con corenta e seis entidades de poboación dispersas nas súas trece parroquias: Cabeiro, Cedeira, Cesantes, Chapela, Negros, Quintela, Reboreda, Redondela, Saxamonde, Trasmañó, Ventosela, Vilar de Infesta e O Viso, nas que residen ó redor de trinta mil habitantes.

Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa definitiva inclusión na provincia de Pontevedra, dentro do Partido Xudicial de Redondela. A totalidade das parroquias dependían no Antigo Réxime da xurisdicción de Redondela Nova, con señorío do arcebispo de Santiago; da de Redondela Vella, con señorío do bispo de Tui; da de Saxamonde, con señorío do marqués de Valladares; da do Val do Fragoso, con señorío do seu concello e do coto de Cedeiro.

Iniciado o proceso de constitución dos concellos a principios do século dezanove chegaron a funcionar varios neste territorio, entre eles os de Redondela, Vilavella, Cedeira, Saxamonde e Reboreda. Xa no proceso definitivo créase o concello de Redondela, dentro do Partido Xudicial do mesmo nome, cun total de catorce parroquias.

Dende entón mantense a mesma superficie territorial pero suprimiuse a parroquia de Santiago de Vilavella, pasando a integrarse na de Santiago de Redondela.

2.3. Historia arquivística

A casa do Concello de Redondela é un edificio exento, construído en pedra, con baixo e planta, no que resalta o torreón lateral da súa fachada principal.

Na actualidade ocupa o arquivo a parte traseira da planta baixa, loga da recente ampliación das instalacións adicadas á conservación da documentación producida polo concello. Este novo espazo conta con catro salas de depósito e unha zona de traballo e consulta, cun total de 134,72 metros cadrados.

Neste espacio dispuxéronse os equipamentos suficientes para a instalación da totalidade das unidades de instalación, contando con mesa de traballo e consulta, ficheiro e ordenador, e procedéndose a dispor en todolos depósitos estantería metálica compactada, suficiente para a instalación da documentación conservada na actualidade.

A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo no ano 1988, data a partir da cal se acometeron varios procesos de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade, incluída a ampliación, dotación e mellora dos equipamentos e do propio local, nos anos 1998 e 2002, nos que participaron, amén do propio persoal municipal adscrito a esta función:
Beatriz Barciela Castrelos
José Luis Castro Carpintero
Ana Gesteira Ponce
Manuela González Rey
Susana Iglesias Pazo
Pilar Lago González
Maria Engracia Martínez Abal
José Martínez Crespo
Concepción Melero Fernández
Daniel Menéndez Rodríguez
Roxelio Guillerme Pérez Agulla
Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo
Isabel Revenga Portela
Juan Ángel Tornero López
Nuria de los Milagros Vázquez Gutiérrez

2.4. Forma de ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido

A pesares do elevado número de unidades de instalación, superior á media provincial, a maior parte da documentación corresponde ó século XX, sendo raros os documentos do dezanove, agás casos concretos: os impostos por contribución rústica e urbana dende 1848; a documentación presupostaria dende 1880, e os libros de actas do Pleno que so se conservan dende 1870 e cunha notable lagoa nos anos 1894 a 1907, o que conleva a ausencia duna notable fonte de información.

En casos como os dos padróns municipais de habitantes (1920), eleccións e censos electorais (1955), as quintas (1923) ou mesmo o persoal municipal (1911), a documentación máis antiga pertence ó século pasado.

3.2. Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
3.3. Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental e polo propio persoal municipal.
3.4. Organización
CADRO DE CLASIFICACIÓN

1. GOBERNO

1.1. CONCELLO / PLENO
1.2. ALCALDE
1.3. COMISIÓN DE GOBERNO/ COMISIÓN PERMANENTE
1.4. COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS

2. ADMINISTRACIÓN

2.1. SECRETARÍA
2.2. REXISTRO
2.3. PATRIMONIO
2.4. PERSOAL
2.4.1. ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL
2.4.2. DISCIPLINA E CONTROL
2.4.3. CLASES PASIVAS/ SS / MUTUALIDADES
2.4.4. SELECCIÓN DE PERSOAL
2.4.5. REPRESENTACIÓN DO PERSOAL
2.5. SERVIZOS XURÍDICOS
2.6. CONTRATACIÓN
2.7. ARQUIVO

3. SERVIZOS

3.1. OBRAS E URBANISMO
3.1.1. PLANIFICACIÓN
3.1.2. PLANS DE OBRAS E SERVIZOS
3.1.3. OBRAS MUNICIPAIS
3.1.4. OBRAS PARTICULARES
3.1.5. INDUSTRIAS
3.2. SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS
3.3. ABASTECEMENTOS E CONSUMOS
3.3.1. ABASTOS E CONSUMOS
3.3.2. MATADOIRO
3.3.3. AUGA
3.3.4. OMIC
3.3.5. PÓSITO
3.4. TRANSPORTES
3.5. SEGURIDADE CIDADÁ
3.6. SANIDADE
3.7. BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL
3.8. EDUCACIÓN
3.9. CULTURA
3.10. DEPORTES
3.11. POBOACIÓN
3.12. QUINTAS E MILICIAS
3.13. ELECCIÓNS

4. FACENDA

4.1. INTERVENCIÓN
4.1.1. ASUNTOS XERAIS
4.1.2. PRESUPOSTOS ORDINARIOS
4.1.3. PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS
4.1.4. PRESUPOSTOS DE INVESTIMENTOS
4.2. FINANCIACIÓN E TRIBUTACIÓN
4.2.1. IMPOSTOS
4.2.2. TAXAS
4.3. TESOURERÍA
4.3.1. CAIXA
4.3.2. RECADACIÓN
4.3.3. CONTAS BANCARIAS


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
4.2. Condición de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
4.5. Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Logo do proceso de organización documental desenvolto en 1988 estimouse oportuno o traslado o Arquivo histórico provincial dun fondo documental de caracter notarial e xudicial, formado por sete unidades de instalación e con datas extremas 1569-1812.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).
5.3. Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
5.4. Nota de publicacións *“Inventario Arquivo Municipal de Redondela”
Col. “Plan de organización de archivos municipales”, nº 6
D.L. PO-7-90 ISBN: 84-86845-36-X
*“Inventario arquivo do concello de Redondela"
Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra", nº 49
D.L. PO-283-03 ISBN: 84-8457-161-0
*"Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-35
"Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257
* Páxina web da Deputación de Pontevedra “depontevedra.es”


6. Área de notas
6.1. Notas Polas características propias da Institución, o Arquivo Municipal de Redondela exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Servizo Técnico do Patrimonio Documental (STPDOC)
7.2. Regras ou normas General International Standar Archival description, Second Edition, ISAD (G)
7.3. Data da descripción Setembro de 2016

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 08/09/2016 11:36
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/