[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 29 DE XUÑO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Arquivo Entidade Local Menor de Arcos da Condesa


[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Arquivo Entidade Local Menor de Arcos da Condesa

Descrición FONDO. Norma ISAD (G)



1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES. AELM. 36005
1.2. Título Arquivo Entidade Local Menor de Arcos da Condesa
1.3. Datas 1946-1995
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 89 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Entidade Local Menor de Arcos da Condesa
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

Formada pola parroquia de Santa Mariña de Arcos da Condesa, que se integra no concello de Caldas de Reis, conta cos lugares do Ámeal, A Arosa, Badoucos, Ceboleira, Foxacos, Marán, Penalta, San Martiño e Valsordo, cunha extensión total de 760 hectáreas nos que residen 640 veciños.

Esta parroquia fora un “Coto” na configuración propia do Antigo Réxime, pero nunca chegara a te-la consideración de concello nos períodos liberais previos á configuración definitiva dos concellos constitucionais.

Xorde como Entidade Local Menor polo Decreto de 18 de xaneiro de 1946, a proposta do Ministerio da Gobernación, culminando un proceso iniciado dos años antes. A primeira Xunta Veciñal constitúese o 23 de agosto de 1946, baixo a presidencia de D. Julio Ocampo Coto.

2.3. Historia arquivística

A documentación consérvase no local da propia Entidade Local Menor, un edificio de nova construcción no que se dispoñen, ademais das oficinas e salas de reunión, os principias servizos que esta institución presta, como son a aula de educación preescolar e a biblioteca pública da Entidade Local.

Rematado o proceso de organización do fondo documental no ano 1996 ocupaba un total de nove metros lineais, debidamente disposto nas condicións axeitadas para a súa futura conservación.

Os traballos de organización e descrición documental foron desenvoltos por José Luis Castro Carpintero e Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.

2.4. Forma de ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido

Do conxunto documental destaca a conservación dos libros de actas da propia Xunta Veciñal, dende o ano 1952, con continuidade ata a actualidade.

A maior parte da documentación corresponde á sección da Facenda (75,5%); en menos medida á prestación de servizos e funcionamento administrativo da Entidade (10% en cada caso), dispóndose en catro unidades de instalación (4,5%) a documentación derivada do funcionamento dos órganos de goberno.

3.2. Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
3.3. Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.
3.4. Organización
CADRO DE CLASIFICACIÓN

0. ÓRGANOS SUPERIORES

1. GOBERNO

1.1. XUNTA ADMINISTRATIVA 1952-1995 4

2. XESTIÓN ADMINISTRATIVA E SERVIZOS

2.1. XESTIÓN ADMINISTRATIVA

2.1.1. SECRETARÍA 1946-1995 4
2.1.2. REXISTRO XERAL 1971-1975 1
2.1.3. PATRIMONIO. CONTRATACIÓN
     2.1.3.1. PATRIMONIO 1956-1968 1
     2.1.3.2. CONTRATACIÓN 1958-1995 4
2.1.4. PERSOAL 1953-1995 1
2.1.5. ELECCIÓNS 1995 1

2.2. XESTIÓN DE SERVIZOS

2.2.1. OBRAS E URBANISMO
     2.2.1.1. XERAL 1987-1995 3
     2.2.1.2. OBRAS PARTICULARES 1953-1974 1
     2.2.1.3. OBRAS PROPIAS 1955-1995 5
2.2.2. BENEFICENCIA 1969 1
2.2.3. EDUCACIÓN. CULTURA. DEPORTES 1988-1995 1

3. XESTIÓN ECONÓMICA

3.1. PRESUPOSTO ORDINARIO 1946-1994 61
3.2. PRESUPOSTO EXTRAORDINARIO 1952-1961 4


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
4.2. Condición de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
4.5. Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación publicados e informatizados.Inventario somero e detallado en papel.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).
5.3. Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación directamente relacionada coa Entidade Local Menor e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no arquivo municipal de Caldas de Reis, no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
5.4. Nota de publicacións *"Inventario do patrimonio documental das Entidades Locais Menores de Galicia"
Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 7
D.L. PO-30-97 ISBN: 84-88363-91-5
*Páxina web da Deputación Provincial “depontevedra.es”


6. Área de notas
6.1. Notas O arquivo da Entidade Local Menor supón un sistema arquivístico simple, coa función de recoller, conservar e servir a documentación xerada no decurso da xestión administrativa nas súas oficinas. Carece aínda dunha estructura propia e diferenciada que nos permita considerar a existencia dun arquivo na totalidade e amplitude do termo.


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Servizo Técnico do Patrimonio Documental
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G)
7.3. Data da descripción Xullo de 2004

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 21/10/2005 12:53
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/