[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 20 DE OUTUBRO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Arquivo Entidade Local Menor de Morgadáns


[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Arquivo Entidade Local Menor de Morgadáns

Descrición FONDO. Norma ISAD (G)



1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES. AELM. 36021
1.2. Título Arquivo Entidade Local Menor de Morgadáns
1.3. Datas 1918-2005
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 99 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Entidade Local Menor de Morgadáns
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

A parroquia de Santiago de Morgadáns, pertencente ó concello de Gondomar, ten unha superficie total de 1.530 hectáreas nas que residen 1.158 habitantes, distribuídos nos lugares de A Abelosa, Baralla, Batizosa, O Camiño Branco, O Carballás, A Carballeira, As Entreviñas, Gonda, Guillufe, Gulgar, Os Eidos de Abaixo, Ervillás, O Lago, Murxido, Os Padróns, Pedra, O Picouso, Prado, San Roque, Vilas, Viño e Xende.

Pertencía esta ferigresía no Antigo Réxime á Xurisdicción Real de Baiona; logo da Constitución de Cádiz e durante os breves períodos liberais, funcionou Morgadáns como concello propio ata a configuración definitiva de 1836, ano en que foi incluído no concello de Gondomar, perdurando esta situación ata a actualidade a pesar das demandas dos veciños; estes xunto cos de Chaín, xa en 1844 pedían formar un concello propio con capital en San Roque de Morgadáns.

A Entidade Local Menor de Morgadáns constituíuse como tal o 7 de agosto de 1932 coa consideración de “pobo agregado”, por estimar o concello de Gondomar derogado o Estatuto Municipal de 1924 e utilizarse para o efecto a Lei Municipal de 1877. Co gallo da guerra civil española sofre un parón no seu funcionamento, sen chegar a ser suspendida; volve a emprende-lo seu funcionamento habitual a partir do ano 1955.

Ten a súa sede no barrio da Pedra e dispón no seu patrimonio de varias escolas e montes, entre os que destaca o monte de Galiñeiro, Caldeirón e outros. Manexa un presuposto bastante variable en relación co volume de previsibles ingresos, derivados basicamente dos aproveitamentos dos montes e das explotacións das canteiras.

2.3. Historia arquivística

A documentación consérvase no edificio da propia Entidade Local Menor.

Rematado o proceso de organización do fondo documental no ano 1996 ocupaba un total de nove metros lineais, debidamente disposto nas condicións axeitadas para a súa futura conservación. No ano 2005 engadirones outros dous metros lineais.

Os traballos de organización e descrición documental foron desenvoltos por José Luis Castro Carpintero, Jacobo Domínguez Pedreira, Iñaki Pérez Varela e Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.

2.4. Forma de ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido

Conta o arquivo da Entidade Local de noventa e nove dúas unidades de instalación, con documentos do período comprendido entre 1918 e 2005.

Deste conxunto destacan as actas dos órganos de goberno entre 1955 e 2003.

A referida ó patrimonio municipal, dende 1918, e ós aproveitamentos de madeiras dende 1955 a 2004.

O maior volume corresponde á sección de Facenda (71% do total), dende 1955.

3.2. Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
3.3. Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.
3.4. Organización
CADRO DE CLASIFICACIÓN

0. ÓRGANOS SUPERIORES

1. GOBERNO

1.1. XUNTA ADMINISTRATIVA 1955-1996 19

2. XESTIÓN ADMINISTRATIVA E SERVIZOS

2.1. XESTIÓN ADMINISTRATIVA

2.1.1. SECRETARÍA 1955-1995 3
2.1.2. REXISTRO XERAL 1955-1987 1
2.1.3. PATRIMONIO. CONTRATACIÓN
     2.1.3.1. PATRIMONIO 1918-1996 6
     2.1.3.2. CONTRATACIÓN 1955-1994 4
2.1.4. PERSOAL 1966-1994 1
2.1.5. ELECCIÓNS 1979-1995 1

2.2. XESTIÓN DE SERVIZOS

2.2.1. OBRAS E URBANISMO 1957-1995 6
2.2.2. BENEFICENCIA 1960-1963 1
2.2.3. EDUCACIÓN. CULTURA. DEPORTES 1963-1994 1
2.2.4. SEGURIDADE CIDADÁ 1965-1991 1

3. XESTIÓN ECONÓMICA

3.1. PRESUPOSTO ORDINARIO 1955-1995 57
3.2. PRESUPOSTO EXTRAORDINARIO 1960-1962 1


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
4.2. Condición de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
4.5. Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación, publicados e informatizados.
Inventario somero e detallado en papel.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).
5.3. Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación directamente relacionada coa Entidade Local Menor e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no arquivo municipal de Gondomar, no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
5.4. Nota de publicacións *"Inventario do patrimonio documental das Entidades Locais Menores de Galicia"
Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 7
D.L. PO-30-97 ISBN: 84-88363-91-5


6. Área de notas
6.1. Notas O arquivo da Entidade Local Menor supón un sistema arquivístico simple, coa función de recoller, conservar e servir a documentación xerada no decurso da xestión administrativa nas súas oficinas. Carece aínda dunha estructura propia e diferenciada que nos permita considerar a existencia dun arquivo na totalidade e amplitude do termo.


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Servizo Técnico do Patrimonio Documental
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G)
7.3. Data da descripción Xullo de 2005

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 21/10/2005 13:47
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/