[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 19 DE AGOSTO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Arquivo Entidade Local Menor de Vilasobroso


[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Arquivo Entidade Local Menor de Vilasobroso

Descrición FONDO. Norma ISAD (G)



1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES. AELM. 36030
1.2. Título Arquivo Entidade Local Menor de Vilasobroso
1.3. Datas 1924-1994
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 36 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Entidade Local Menor de Vilasobroso
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

Formada pola parroquia de San Martiño de Vilasobroso, chamada así dende 1936 en que se aproba o cambio de denominación sendo con anterioridade o seu nome San Martiño da Portela. Pertencía no Antigo Réxime á Xurisdicción de Sobroso, con señorío do marqués de Sobroso e conde de Salvaterra.

Na actualidade forma parte do concello de Mondariz, discorrendo por ela a estrada nacional N-120 que configura a súa morfoloxía; nesta parroquia atópase o coñecido castelo de Vilasobroso, hoxe propiedade do Concello de Ponteareas.

A parroquia ten unha superficie total de 5,18Km2, onde residen 452 habitantes, distribuídos nos lugares de O Cruceiro, A Pena, Saniñáns Veigadraga e Vilasobroso.

Foi recoñecida como Entidade Local Menor o 13 de setembro do ano 1924, sendo o seu primeiro alcalde pedáneo D. Alejo Carrera Muñoz. A súa primeira denominación foi a de Entidade Local Menor de Portela ata o cambio de denominación da parroquia antes sinalado, por solicitude da propia Entidade Local.

O seu patrimonio constitúeo o edificio do mercado, no que se atopa na actualidade a sede da Entidade Local, o cemiterio e varios montes.

2.3. Historia arquivística

A documentación consérvase no edificio da propia Entidade Local Menor.

Rematado o proceso de organización do fondo documental no ano 1996 ocupaba un total de seis metros lineais, debidamente disposto nas condicións axeitadas para a súa futura conservación.

Os traballos de organización e descrición documental foron desenvoltos por José Luis Castro Carpintero e Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.

2.4. Forma de ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido

Esta documentación, recentemente organizada, dispúxose nun total de trinta e seis unidades de instalación, que supoñen escasamente catro metros lineais, correspondendo ó período comprendido entre os anos 1924 e 1994.

Na súa maior parte a documentación deriva da xestión dos sucesivos presupostos anuais (84% do total), conservados ininterrompidamente dende 1951. Tamén se conservan algúns libros de actas da Asemblea parroquial de Portela e da propia Entidade Local Menor de Portela e de Vilasobroso.

Outra documentación reseñable sería a producida na xestión dos aproveitamentos de madeiras, entre 1966 e 1989, e maila derivada da construcción e xestión do cemiterio, propiedade da Entidade Local, do período que vai de 1924 a 1995.

3.2. Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
3.3. Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.
3.4. Organización
CADRO DE CLASIFICACIÓN

0. ÓRGANOS SUPERIORES

1. GOBERNO

1.1. XUNTA ADMINISTRATIVA 1924-1987 2

2. XESTIÓN ADMINISTRATIVA E SERVIZOS

2.1. XESTIÓN ADMINISTRATIVA

2.1.1. SECRETARÍA 1944-1993 2
2.1.2. REXISTRO XERAL 1963-1969 1
2.1.3. PATRIMONIO. CONTRATACIÓN
     2.1.3.1. PATRIMONIO 1924-1995 2
     2.1.3.2. CONTRATACIÓN 1966-1994 1
2.1.4. PERSOAL 1967-1980 1
2.1.5. ELECCIÓNS 1983 1

2.2. XESTIÓN DE SERVIZOS

2.2.1. OBRAS E URBANISMO 1955-1981 1
2.2.2. SEGURIDADE CIDADÁ 1969 1

3. XESTIÓN ECONÓMICA

3.1. PRESUPOSTO ORDINARIO 1951-1994 30
3.2. PRESUPOSTO EXTRAORDINARIO 1952-1960 1


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
4.2. Condición de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
4.5. Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación, publicados e informatizados.
Inventario somero e detallado en papel.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).
5.3. Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación directamente relacionada coa Entidade Local Menor e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no arquivo municipal de Mondariz, no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
5.4. Nota de publicacións *"Inventario do patrimonio documental das Entidades Locais Menores de Galicia"
Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 7
D.L. PO-30-97 ISBN: 84-88363-91-5


6. Área de notas
6.1. Notas O arquivo da Entidade Local Menor supón un sistema arquivístico simple, coa función de recoller, conservar e servir a documentación xerada no decurso da xestión administrativa nas súas oficinas. Carece aínda dunha estructura propia e diferenciada que nos permita considerar a existencia dun arquivo na totalidade e amplitude do termo.


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Servizo Técnico do Patrimonio Documental
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G)
7.3. Data da descripción Xullo de 2004

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 11/09/2014 13:55
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/